Aniversario da Alianza Aresana, 121 anos de historia 1904-2025

Comparte este evento

A Alianza Aresana conmemora 121 anos de historia cunha programación especial organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Ares. Durante os días 20 e 21 de marzo, a vila acollerá diversas actividades que poñen en valor o legado desta emblemática institución e a súa contribución á vila.

Xoves 20 de marzo

  • 12:00 h. Descubrimento da nova Praza Domingo Troche, en homenaxe ao primeiro presidente da Alianza Aresana de Instrución.
  • 17:00 h. Obradoiro familiar de manualidades “Manualidades coa Alianza”, dirixido a crianzas de 3 a 5 anos (necesaria a presenza dun adulto).

Venres 21 de marzo

  • 18:30 h. Obradoiro infantil de manualidades “Manualidades coa Alianza”, para nenos e nenas de 6 a 12 anos.
  • 20:30 h. No Salón de Actos da Alianza, concerto acústico a cargo do grupo SonBoleros, que ofrecerá unha noite de música íntima e emocionante.

Inscricións abertas na Biblioteca Municipal a partir do 17 de marzo. O evento conta coa colaboración da Deputación da Coruña, Ares Indiano e Patrimonio Indiano.

Pódeche interesar...

Eventos

Programa ACADEMIA ARESXSAÚDE 2025-2026

21 de noviembre Tema: “Xestión emocional, mellora a túa rutina coñecendo as túas emocións”Impartido por: José Barcia Tuccelli, Psicólogo e Lic. en CC. Actividade Física

Eventos

MercAres 2025-2026

Compra de proximidade, responsable, solidaria, ecolóxica e sustentable 🗓️ Do 1/12/2025 ata o 31/01/2026 🎉 ¡¡¡Rasca e gaña!!! Por compras superiores a 10 € recibirás