O pasado domingo, 9 de marzo, celebrouse no Casino Aresano a presentación oficial de Teresa Rodríguez Rañales como madriña da Rondalla Trovadores de Ares para o ano 2025. O evento contou coa presenza de membros da agrupación, amigos, veciños e autoridades locais, entre elas o alcalde, Julio Ignacio Iglesias Redondo.
Nun ambiente cargado de emoción e orgullo pola tradición musical do municipio, a nova madriña expresou o seu agradecemento por formar parte desta gran familia cultural. No mesmo acto, a Rondalla despediu con emoción a súa madriña saínte, Zeltia López, quen foi homenaxeada nun momento cheo de gratitude e recoñecemento polo seu compromiso e cariño á agrupación. A Rondalla, co seu característico talento e paixón, encheu o salón de música, lembrando a importancia de manter vivas as nosas raíces.