Avisos

ANUNCIO RESULTADO TERCEIRO EXERCIZO DO PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA DE 1 PRAZA VACANTE DE OFICIAL DE PRIMEIRA NAVE ALMACÉN, PERSOAL LABORAL FIXO INCLUIDA NA OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO DO ANO 2025 DO CONCELLO DE ARES

Sendo as 18:45 horas do día 25 de xuño do 2026, reúnese nas dependencias da Nave almacén do Concello de Ares sita na Rúa Matadoiro, Ares, o tribunal seleccionador (designado por Resolución da Alcaldía 2026-0473 de data 28/05/2026, publicada no B.O.P nº 101 de data 1 de xuño de 2026) para a cobertura dunha praza de Oficial de Primeira nave almacén, Persoal Laboral fixo incluida na Oferta Pública de Emprego do ano 2025 do Concello de Ares, Grupo C1, de conformidade coas bases da convocatoria aprobadas pola Xunta Local de Goberno o dia 02/03/2026 e publicadas no BOP nº 51 de data 17/03/2026, xunto coa convocatoria efectuada no BOE núm 82 de data 03/04/2026,

baixo a presidencia de D. Benito José Calvo Castro, estando presente a secretaria Mª Concepción Dragó Porta e os vogais:

1º Vogal: Dna Carmen González Tenreiro

3º Vogal: D. Manuel Larrosa Rodriguez.

Asiste como asesor/colaborador da proba o Oficial de primeira Persoal laboral fixo do Concello de Ares D. Pedro José Vilar Martinez

Estando presentes a maioria suficiente para quorum dos membros do Tribunal, dase comezo as actuacións que seguen:

PUNTO PRIMEIRO.- FASE DE OPOSICIÓN.

Sendo as 18:45 h procédese ao chamamento para realización do “Terceiro exercicio: Proba práctica de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na realización de unha proba práctica relacionada coas funcións a desenvolver e o temario contido como anexa. Tempo máximo: 1 hora. O contido da proba práctica farase público no lugar onde será convocado o persoal aspirante.

  • Carpinteria.

  • Albañileria.

  • Caldederia.

A proba cualificarase de 0 a 30 puntos, debéndose obter unha puntuación mínima de 15 puntos para superalo.

Efectuado o chamamento para realización do terceiro exercizo comparecen os seguintes candidatos:

  • José Ángel Chaparro Fernández DNI: 5717
  • David Permuy Río con DNI.-8069

Rematado o exercizo e procedendo o Tribunal a súa cualificación, faise público o resultado acadado polos aspirantes ao efecto da continuidade no proceso de selección do aspirante

APTOS:

NOME E APELIDOS DNI PUNTUACIÓN
José Ángel Chaparro Fernández ***5717** 26

NON APTO:

NOME E APELIDOS DNI PUNTUACIÓN
David Permuy Río ***8069** 11

O Tribunal acorda ordear a publicación no Taboleiro de Edictos electrónico do Concello e a efectos informativos na web municipal, do resultado do terceiro exercizo da Fase de oposición e convocar aos aspirantes declarados APTOS no presente exercizo, para a realización do cuarto exercizo da fase de oposición para o vindeiro xoves 2 de xullo de 2026 ás 18:00 horas, no salón de sesión do Concello de Ares, Avda Saavedra Meneses nº 12, Ares.

Cuarto exercicio: Entrevista curricular.

Consistirá na realización dunha proba oral na que se realizarán preguntas para avaliar a capacidade competencial das persoas candidatas, ao abeiro dos artigos 61.5 do EBEP e 55.3 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia. A duración aproximada da proba será de 30 minutos. A proba avaliará as seguintes competencias, segundo se sinala:

  1. Efectividade

  2. Orientación ao servizo e á ciudadanía

  3. Aprendizaxe permanente

  4. Toma de decisión

  5. Traballo en equipo

Cada aspecto valoraráse segundo o seguinte baremo: moi axeitado: 2 puntos bastante axeitado: 1,5 puntos axeitado: 1 punto pouco axeitado: 0,5 puntos nada axeitado: 0 puntos

A cualificación máxima deste exercizo será de 10 puntos, debendo acadarse unha puntuación minima de 1 punto (máximo 2 puntos) en cada un dos aspectos valorados para superar a proba.

O Presidente

ANUCIO en pdf