Aprobación Declaración Institucional e concentración pola Paz fronte ao Consistorio

Comparte esta nota de prensa

No día de hoxe, o Pleno do Concello de Ares aprobou de forma unánime adherirse á resolución emitida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas con data do 10 de decembro de 2023. Esta resolución expresa profunda preocupación pola situación humanitaria na Franxa de Gaza e avoga pola protección das poboacións civís palestina e israelí de acordo co dereito internacional humanitario.

A resolución, aprobada como declaración institucional, esixe un alto ao lume humanitario inmediato, reitera a necesidade de que todas as partes cumpran coas súas obrigacións baixo o dereito internacional, especialmente no que respecta á protección dos civís, e solicita a liberación inmediata e incondicional de todos os reféns, garantindo o acceso humanitario.

Acto seguido, tanto a corporación municipal como a veciñanza levaron a cabo unha concentración ás portas do consistorio, manifestando o compromiso de Ares coa paz e o respecto ao dereito internacional.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,