Ares abre mañá o prazo de inscrición para a sétima ruta do SendAres 2023-2024

Comparte esta nota de prensa

A iniciativa municipal organizará unha saída ata Malpica de 15 quilómetros, percorrendo a súa costa dende a praia de Razo e achegándose aos muíños de Ardeleiro. Será durante a xornada do domingo, 17 de marzo.

As persoas interesadas poderán inscribirse a partir das 18:00 horas de mañá, mércores 28 de febreiro, con 25 prazas habilitadas e un prezo de 20 euros.

A Concellaría de Deportes vén de anunciar a posta en marcha do proceso administrativo da próxima ruta do SendAres, o programa de sendeirismo da institución aresán. Así, mañá, mércores 28 de febreiro, abrirase a inscrición telemática do sétimo percorrido ao longo da tarde (18:00 horas) e a través da páxina web institucional (www.concellodeares.gal).

Nesta ruta guiada, os sendeiristas arrancarán na praia de Razo e dirixiranse á vila pesqueira de Malpica, sempre co océano ao seu carón. Camiñarán pegados á costa e poderán achegarse aos Muíños de Ardeleiro, un conxunto de cinco muíños en perfecto estado de conservación.

Todo o itinerario desenvolverase durante a xornada do domingo, 17 de marzo, cunha distancia de 15 quilómetros e unha dificultade media. O prezo ascende a 20 euros e inclúe servizo de guía, seguros e transporte de ida e volta dende Ares. O autobús sairá ás 08:00 horas e chegará ao núcleo da vila ás 17:30 h., aproximadamente, dende o punto de encontro habitual: a Praza da Igrexa do municipio.

A Concellaría de Deportes asignou 25 prazas para a actividade, que se cubrirán por orde de inscrición ata as 00:00 horas do 4 de marzo ou, de darse o caso, ata o seu esgotamento.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN RUTA 7 – Malpica (Pinos Marítimos)  –   https://forms.gle/36PeSW8c1foJGims7

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,