Ares abre un espazo para escoitar, compartir e entender mellor as migracións contemporáneas na charla-coloquio de ‘Cruza sen Mirar’

Comparte esta nota de prensa

A Alianza Aresana acolleu o talk-show de ‘Cruza sen Mirar’, unha proposta impulsada por Tarabela Creativa co patrocinio do Concello que puxo en diálogo a emigración histórica da vila coa inmigración que forma parte do seu presente.

Sobre o escenario, voces diversas como a narradora oral uruguaia Soledade Felloza, a poeta de India Yamina Teresa Prabhu Barreto, expertas psicólogas e traballadoras sociais debullaron experiencias e reflexións arredor da identidade, do feito migratorio e da necesidade de tender pontes entre culturas.

A sesión, que tivo tamén intérpretes en lingua de signos, contou coas intervencións da veciñanza aresán, que achegou as súas análises no proxecto de ‘Cruza sen Mirar’, tanto no proceso de entrevistas arredor da migración como no videopódcast, onde se dialogou entre o mgirante retornado e quen chega á sociedade aresá na procura dun espazo no que medrar e desenvolverse.

 

Pódeche interesar