Ares acolle o Campionato de Galicia de BTT XCM

Comparte esta nota de prensa

O vindeiro 4 de outubro, Ares acollerá o I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.

A competición terá como punto de referencia o Centro Cultural Outeiro, en Chanteiro, e permitirá aos participantes percorrer diferentes espazos naturais e paisaxes do municipio.

A proba está organizada polo Club Pulpeiros, coa colaboración de diferentes entidades e institucións.

 Ares prepárase así para vivir unha nova xornada dedicada ao deporte, ao ciclismo de montaña e á posta en valor da súa contorna natural.

Pódeche interesar