O equipo de Tarabela Creativa, co apoio económico do Concello de Ares, continúa a desenvolver o seu proxecto ‘Cruza sen mirar’, un diálogo entre a emigración da vila no pasado e a súa inmigración no presente.
Este vindeiro 15 de decembro, ás 19:00 h., a Alianza Aresaná contará cun talk-show que proseguerá na procura de puntos de conexión deste proceso migratorio: un evento presencial no que intervendrán diferentes perfís, dende a narradora oral uruguaia Soledad Felloza ou a poeta de India Yamina Teresa Prabhu Barreto ata expertas psicólogas que abordarán o impacto da identidade no feito de emigrar, mediadores culturais ou traballadores sociais.
Un xeito de tender lazos entre colectivos e tecer unha memoria emocional do migrante de Ares.
A entrada é libre, así que garda oco na túa axenda!

