Ares analiza a violencia de xénero e as particularidades dos perfís profesionais que a preveñen

Comparte esta nota de prensa

A Alianza Aresana congrega no seu salón de actos a expertos especializados en campos como o xurídico, o social e o psicolóxico para abordar a complexidade da temática.

A xornada organizada polo Concello intégrase de 4 charlas e 1 mesa redonda en horario de mañá e de tarde.

Esta mesma mañá deu inicio a xa tradicional xornada divulgativa que leva organizando o Concello de Ares nos últimos 18 anos, unha iniciativa que congrega na Alianza Aresana a expertos e expertas en materia de igualdade para celebrar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

O evento arrancou coa apertura institucional, onde Victoria Montenegro, concelleira de Igualdade de Ares, formalizou a benvida e estendeu o seu agradecemento aos axentes involucrados, dende o CIM de Ares ata ás persoas ponentes. Montenegro estivo acompañada no seu acto de inicio da xornada por Sofía Fernández Fernández, educadora social, e José Luis Castro Feijóo, director do Centro de Información á Muller (CIM) de Ares.

Así, despois da inauguración institucional, a vila de Ares transfórmase en lugar de debate e reflexión, analizando as novidades na resposta xudicial ante a violencia de xénero, o papel das Oficinas de Atención a Vítimas dos Xulgados e a súa intervención psicolóxica ou mesmo o autocoidado do persoal profesional como forma de ser e estar no día a día.

Tamén haberá tempo para abordar a intervención xurídica dos CIM ante a violencia de xénero e as diversas formas de achegarse á violencia de xénero desde o ámbito forente, a seguridade cidadá e a orientación laboral, tendo en conta as esixencias que se demandan nos profesionais que traballan cunha materia tan sensible.

 

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,