O balance do turismo de Ares: medran os visitantes co predominio dos turistas galegos

Comparte esta nota de prensa

A Oficina de Información Turística (OIT) presentou a súa análise dos meses de xullo, agosto e setembro, incorporando as cifras actualizadas de turistas que acudiron a ela: 3.034 persoas nos tres meses, 648 máis que no 2023.

A maiores do turista galego, o perfil que máis predomina procede de Madrid, caracterizándose ademais por dúas tipoloxías de visitantes: familias con crianzas e parellas de idade adulta.

A Concellaría de Turismo vén de debullar nesta semana, como parte da súa valoración da práctica turística ao longo de 2024, os datos que nos deixou o período estival en Ares. A Oficina de Información Turística (OIT) municipal emitiu o balance actualizado deste ano, incorporando os datos dos visitantes e os seus perfís demográficos.

Neste sentido, durante os meses de xullo, agosto e setembro, a OIT recibiu a un total 3.034 visitantes interesados na vila, a súa oferta turística e a súa historia. Son preto de 650 persoas máis con respecto aos datos de 2023, sendo agosto a mensualidade que, ano tras ano, aglutina á maior parte dos turistas.

 O groso destes visitantes procede doutras partes de Galicia, con cerca de 450 persoas do total de 3.034 turistas, seguidamente de Madrid, con aproximadamente 300 visitantes. Tamén se reciben na OIT un fluxo considerable de persoas procedentes de Asturias, País Vasco ou de orixe internacional, sendo Europa o continente predominante.

Mais a análise no fica no cuantitativo, senón tamén no cualitativo: Ares mantén dous tipos de públicos ben diferenciados, por unha banda familias con nenos e, pola outra, parellas de idade adulta, escollendo ambos o municipio pola súa orografía, comodidade e proximidade a servizos esenciais.

 

Consultas sobre a oferta turística

 O balance estival incorpora, ademais de todo o comentado, os principais elementos que centralizan as consultas dos e das turistas. De forma xeral, obsérvase unha querencia cara a información do Xeodestino Ferrolterra Rías-Altas, pero tamén do pasado e patrimonio de Ares.

De xeito máis específico, houbo un crecente interese polo Ares Indiano, a principal celebración do Concello que homenaxe a memoria do territorio, os roteiros en barco pola ría e, finalmente, pola programación lúdico-cultural do VeraneAres, o eixo de dinamización do verán na localidade.

A concelleira de Turismo, Lucía Blanco, salientou a “boa diversificación dos servizos turísticos que contamos na actualidade, e que involucra tanto á natureza, coas rutas a bordo do M. Presas ou os itinerarios de sendeirismo pola costa, como o patrimonio arquitectónico e histórico, coas visitas ao Mosteiro de Santa Catalina ou o mesmo Ares Indiano”.

A seguridade da vila, a beleza natural e a súa hospitalidade continúan a ser os piares básicos deste crecemento sostido no eido turístico do municipio.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado