A pegada do mar en Ares non só afecta á súa configuración xeográfica, senón que tamén desemboca no desenvolvemento dun gran número de recursos culturais e turísticos a ter moi en conta.
Desde a variedade de praias (calas, areais urbanos e máis naturais) aos roteiros marítimos en barco, Ares Azul debulla e afonda nos elementos marítimos da localidade, unha planificación turística que conta con información tanto de servizos como contidos relacionados coa mitoloxía e as lendas locais.