Ares celebra o Día do Libro Infantil e Xuvenil con Ana Meilán

Comparte esta nota de prensa

O salón de actos da Alianza Aresana acolleu onte o espectáculo de narración oral que propuxo Ana Meilán ós pequenos e pequenas de 3 a 7 anos. Enmarcado na programación polo Día do Libro Infantil e Xuvenil do Concello, Meilán imaxinou un mundo sen ningunha bágoa.

De feito, contou as aventuras de Simón, un neno que, agotado de que toda a xente lle chame chorón, decide gardar as bágoas  en botes debaixo da cama. O cambio é moi palpable: resulta que comezan a consideralo un adulto feito e dereito.

Pequenos e pequenas e familias gozaron desta proposta lúdico-cultural que se complementa coa segunda das programacións para conmemorar o Día Infantil e Xuvenil, cun obradoiro tematizado na Biblioteca Municipal de Ares.

Moitas historias e moitos libros para este mes de abril!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.