Ares celebra o entroido con obradoiros de maquillaxe e antifaces, área de xogos, minikarts e a xa tradicional queima na praia

Comparte esta nota de prensa

O mércores, 14 de febreiro, a Praza da Constitución acollerá ao longo da tarde a programación cultural do Concello. Se a climatoloxía non acompañase, toda a actividade trasladarase á pista exterior do CPI As Mirandas.

Tamén haberá oportunidade de probar as orellas con chocolate e pasalo ben nos inchables.

A Concellaría de Cultura vén de anunciar hoxe mesmo as actividades que se promoverán polo Entroido 2024, unha programación centrada nas familias e os máis pequenos para que poidan gozar da celebración todos xuntos.

O entroido aresán organizarase o mércores, 14 de febreiro, a partir das 17:00 horas e centralizarase na Praza da Constitución, onde se instalarán as áreas de xogos e inchables, amais do ‘photocall ‘da Sociedade Cultural O Tilo.

A festa continuará cos minikarts, os obradoiros de maquillaxe e antifaces e dous momentos especiais: un doce, co reparto de orellas e chocolate baixo prezos populares, e outro lúdico, co sorteo de agasallos entre as persoas que asistan disfrazadas. Xa coma peche da tarde e da celebración, farase a xa tradicional queima do entroido na praia.

Con todo, dende a Concellaría de Cultura lembran que, no caso de que a climatoloxía non sexa favorable, toda a programación se trasladará á pista exterior do CPI As Mirandas.

Xunto coa Sociedade Cultural O Tilo, tamén colaboran na celebración o Grupo de Gaitas Aresán e Protección Civil da Localidade.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,