Mañá venres 28 de xullo, ás 20:15 horas, levarase a cabo este evento que recoñece a transcendencia de Gildo Illobre na vida musical de Ares. Esta será a sexta edición do evento, organizado pola Rondalla Trovadores de Ares, en colaboración coa concellaría de Cultura e Bodegas&Vinos Ares, como unha forma de render tributo a unha persoa fundamental na escena musical local.

A participación activa das agrupacións da Rondalla Mugardesa e os Trovadores de Ares, realza a relevancia de Gildo Illobre non só na contorna, senón tamén na súa constante dedicación ao mundo da música. Ao longo da súa vida, Gildo Illobre foi membro destacado de orquestras e grupos musicais, así como director de coros parroquiais, entre outras contribucións.