Ares celebrará a súa oitava homenaxe musical ao veciño Gildo Illobre

Comparte esta nota de prensa

O Concello, a Rondalla Trovadores de Ares e Bodegas y Vinos Ares, como axente colaborador xunto coa Rede Cultural da Deputación da Coruña, impulsarán a VIII Homenaxe Musical a Gildo Illobre, un evento musical que rende homenaxe ao veciño falecido en 2015.

Así, o domingo, 14 de setembro, a Igrexa de San Xosé acollerá este emotiva actuación a partir das 19:00 h., recordando a relevancia e o legado musical de Gildo Illobre no seu municipio, que foi acordeonista e director da propia Rondalla Trovadores de Ares, unha das agrupacións que cantarán xunto coa Rondalla Mugardesa e a Rondalla de Mulleres de Santa Uxía de Mandiá.

Así se lembrará a pegada de Illobre na vida musical da contorna aresá, mais tamén da comarca, con participación en múltiples orquestras e grupos e a dirección de diferentes coros parroquiais, amosando unha contribución constante ó municipio.

 

Pódeche interesar