Ares clausura o Campus de Verán da Fundación Celta na modalidade tradicional

Comparte esta nota de prensa

Despois da última sesión de entrenamento lúdico-formativo, rapaces e rapazas clausuraron a actual edición do Campus de Verán da Fundación Celta que se estaba a realizar no Prados Vellos, acompañados dos monitores do club olívico e da concelleira de Deportes, Alma Barrón.

O venres pasado púxose o broche final ao evento que ano tras ano permite formarse futbolisticamente ás crianzas da contorna baixo as metodoloxías da canteira do Celta, amais de traballar valores de compañeirismo e traballo en equipo.

Con todo, esta mesma semana arrancará o Campus na modalidade de porteiros, unha das principais melloras e novidades este 2024 na organización desta iniciativa deportiva.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Do bus ao escenario: Ares mergúllase en Hamlet

A veciñanza aresá participou este pasado venres nunha nova saída cultural a Santiago de Compostela para asistir á representación teatral de Hamlet, unha das obras