Ares comeza co Nadal iluminando os mellores desexos da veciñanza para o vindeiro ano

Comparte esta nota de prensa

O mércores, 4 de decembro, ás 17:30 h., a veciñanza poderá colaborar na decoración da árbore de Nadal na Ponte da Ciscada e prender, unha vez rematado, as luces navideñas da vila.

A Concellaría de Cultura presentou un ano máis o simbólico acto que dá inicio ao Nadal en Ares: ‘Ilumina os teus desexos’, o evento no que se decora unha das árbores máis próximas á Ponte da Ciscada grazas á colaboración dos máis pequenos da vila e as súas familias.

Será o vindeiro mércores, 4 de decembro, ás 17:30 horas, no Parque Rosalía, e comezará primeiro coa decoración da árbore para despois pendurar os bos desexos do 2025 das familias aresáns con tarxetas que inclúan  mensaxes e toda a ilusión das crianzas da localidade.

Xusto despois de rematar a decoración, prenderanse todas as luces de Nadal de Ares, comezando así coa tempada festiva no municipio.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado