O Concello finaliza a mellora do Camiño da Bailadora ata as baterías de Montefaro

Comparte esta nota de prensa

A intervención permitiu deixar atrás a superficie de zahorra, moi desgastada e con baches e sucos de escorrentía, fomentando unha maior accesibilidade ata as antigas baterías militares. Executouse unha nova senda peatonal e a instalación de mobiliario urbano para a práctica turística.

O investimento da actuación foi de aproximadamente 80.000 euros, o 90 % asumido pola Axencia de Turismo de Galicia e o 10 % restante, polas arcas municipais.

A concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, e o edil de Obras, José Juan Vilar, visitaron esta mesma mañá a contorna do Mosteiro de Santa Catalina, achegándose até o Camiño da Bailadora que conecta o cenobio aresán coas baterías de Montefaro, un dos miradoiros de referencia para contemplar a ría de Ferrol.

Os dous concelleiros inspeccionaron o remate das obras que se estaban a executar alí, no marco do proxecto de mellora e tratamento do camiño ao borde do litoral de A Bailadora, unha intervención que incorporou unha nova pavimentación con terra estabilizada para impulsar un acceso de maior calidade ás baterías, e permitiu instalar bancos prismáticos con base de granito, con dotación de papeleiras incluído, e un novo valado de madeira no miradoiro.

Así, dende agora en adiante veciñanza e visitantes poderán desfrutar da contorna e da práctica turística, tendo en conta o interese que xenera a fauna e flora da zona e as vistas panorámicas de Montefaro, eliminando a superficie de zahorra previa, moi desgastada e con baches, sucos de escorrentía e inestabilidades acusadas.

As obras contaron cun investimento de 79.958,34 euros asumidos entre a Axencia Galega de Turismo, con cargo a fondos europeos Next Generation (71.962, 51 euros), e o Concello (7.995, 83 euros), subvencionando deste xeito un 90 % dos traballos.

Conectáronse así dous importantes puntos de atracción turística e histórica, o Mosteiro de Santa Catalina como Ben de Interese Cultural (BIC) e o miradoiro das baterías, amais de promover unha mellor integración paisaxística da senda con respecto a contorna na que se inscribe.

 

PLAN ESPECIAL PARA MONTEFARO E PUNTA COITELADA

Dentro da súa visita ao camiño, a concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, enfatizou “que esta actuación, xunto coas que se promoverán nun futuro, contribúe á dignificación e protección de toda a contorna de Montefaro, tendo en conta a firme aposta pola conservación do medioambiente e o patrimonio de Ares que desenvolvemos dende o goberno local”.

De feito, a administración aresá xa está tramitando o coñecido coma Plan Especial de Protección e Infraestruturas para Montefaro e Punta Coitelada, unha planificación na que se marcan as liñas a desenvolver en materia urbanística nos vindeiros anos neste espazo.

Enmarcado no documento estratéxico do Plan Especial, “preténdese peatonalizar toda a zona das baterías e crear un aparcamento disuasorio nas inmediacións do Hospitalillo. É máis, o Concello xa adquiriu unha parcela para destinala a estacionamento de vehículos e zona verde”, lembrou Olimpia Marcos.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado