Esta mesma mañá, a Aula CeMIT da Casa da Xuventude acolleu unha das principais novidades deste ano nas propostas lúdico-deportivas da Concellaría de Deportes: os obradoiros de modelado 3D para achegar as novas tecnoloxías ós mozos e mozas.
Na sesión que deu comezo á actividade, a rapazada afondou no concepto detrás da impresión en 3D e nas súas particularidades, diferenciando os posibles empregos reais (prótesis, pezas, engranaxes, obxectos cotiáns…) dos usos máis lúdicos. Despois dunha parte de aprendizaxe, arrancaron a deseñar os esbozos dos seus primeiros proxectos, que se modelarán e materializarán a posteriori!
Tamén tiveron tempo para achegarse ás vantaxes reais desta tecnoloxía, como son a fabricación a medida e adaptada ás necesidades de cada situación ou o aforro de costes de transporte que implica a creación in situ do produto ou proxecto