Ares contará coa oitava edición do Campus Chiquibásquet de Nadal

Comparte esta nota de prensa

Complementando a iniciativa que xa se produce en verán, os adestramentos en baloncesto chegarán de novo á localidade durante as xornadas do 27, 28 e 29 de decembro e ao longo de tres horas, de 10:00 a 13:00.

O proceso de inscrición estará aberto ata o 25 de decembro ou ata esgotar a totalidade das prazas asignadas ó Campus.

A concelleira Alma Barrón, e Chiqui Barros, entrenador de baloncesto e promotor da iniciativa, presentaron este martes no consistorio do municipio o VIII Campus Chiquibásquet de Nadal: tres xornadas de adestramentos para rapaces e rapazas que desexen pasar estas datas xogando e iniciándose na práctica do baloncesto.

Así, o pavillón polideportivo aresán acollerá os días 27, 28 e 29 de decembro a celebración deste campus que xa está consolidado dentro da programación tanto estival coma de Nadal de Ares.

En horario de 10:00 a 13:00 horas, e cuns 20 participantes, buscarase a mellora deportiva e persoal da mocidade, conxugando técnicas e tácticas individuais cunha aprendizaxe lúdica. Mantén, así, as metodoloxías educativas do campus de verán, con grupos reducidos en función do seu nivel técnico e táctico. Como novidade este ano, creouse un grupo dirixido a rapaces e rapazas de 18 a 21 anos, en resposta ás solicitudes de participantes en edicións anteriores.

O proceso de inscrición estará aberto ata o 25 de decembro, debendo reservar na páxina web do evento https://chiquibasquet.wordpress.com/. A participación ten un prezo de 50 euros e, segundo a organización do Campus, fican 10 prazas libres das 20 habilitadas.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.