O Concellos de Ares e Mugardos veñen de informar da programación e servizos de autobuses que se impulsarán durante o martes, 26 de maio, dentro da tradicional celebración do Voto de Chanteiro, compartido entre ambos municipios.
- 10:00 horas: Saída de autobús de Franza, pasando por A Pedreira, Academia Mugardos e Chanteiro.
- 10:45 horas: Saída de autobús por Praza do Pedregal (Redes), As Pezoas, Seselle, Ares, Lubre, Cervás e Chanteiro.
- 12:00 horas: Celebración da Misa. Actuará a continuación o grupo de música tradicional Trouleada de Ares e haberá reparto de empanada.
- 14:00 horas: Saída de autobuses de volta con percorrido: Chanteiro, Ares e Mugardos.
- 19:00 horas: Saída de autobuses de volta con percorrido: Chanteiro, Ares e Mugardos.

