Ares en marcha contra o cancro!

Comparte esta nota de prensa

Lembra que este domingo, 11 de setembro, en horario de mañá (11:00 horas), o noso municipio acollerá unha andaina solidaria promovida pola Asociación Española contra o Cancro en Ares. Será un itinerario de 6 quilómetros dende a praia do Xuncal – paseo marítimo – Poellas – Praia de Centeás – Praia da Barrosa e regreso ó paseo marítimo cun custe de 5 euros para os adultos e 3 euros os nenos e nenas ata os 12 anos.

Inscríbete previamente na andaina solidaria en ópticas Noroeste, o Kiosco de Emma, Floristería Real, no edificio municipal de Servizos Sociais ou nesta ligazón: https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/ares-en-marcha-contra-o-cancro-?fbclid=IwAR2Bi4VAoCetUZH-3gJ-Va52QcT8i1mf2wf9sINpF4FNHU01CrdGGiW59MI.

Tes ata o xoves, 8 de setembro (23:30 horas máximo) para facelo. Non quedes sen a túa praza e marcha contra o cancro!!

Pódeche interesar