A concelleira de Turismo, Lucía Blanco, asistiu onte na casa consistorial de Ferrol á presentación oficial de Equiocio Ferrol, que celebrará o seu 35 aniversario do 6 ao 9 de agosto no campo das Cabazas, en Covas.
O certame volverá combinar competición hípica, lecer e promoción turística, amais de apostar pola sustentabilidade e inclusión na súa oferta de actividades e eventos, consolidándose así como unha das grandes citas do verán para o xeodestino Ferrolterra-Rías Altas, ao espallar o atractivo dos concellos da comarca.
Unha participación, a de Ares, que contribuirá á xeración de sinerxias entre institucións, tecido turístico e axentes deportivos, coa proxección conxunta de toda a comarca de Ferrolterra.




