Ares ilumina os mellores desexos para o 2026 da súa veciñanza

Comparte esta nota de prensa

O venres, 5 de decembro, a partir das 18:00 h., o Concello convida ós e ás aresáns a colaborar na decoración da árbore de Nadal na Biblioteca Municipal de Ares, o acto simbólico que dá inicio ao período festivo en Ares.

Baixo o nome ‘Ilumina os teus desexos’, a veciñanza poderá pendurar da árbore os bos desexos das crianzas e familias para o vindeiro 2026, introducindo en boliñas decorativas as pequenas tarxetas coas súas mensaxes. Un xesto de dar a benvida a un novo ano con toda a ilusión posible.

Xusto despois de rematar a decoración e o pendurado dos desexos, preto das 19:15 h., acenderanse as luces de Nadal  do municipio.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares lembra a figura e o legado de Bello Piñeiro

Compartimos algunhas imaxes do relatorio celebrado na Casa Rectoral de Ares, con motivo do 140 aniversario do nacemento do artista.  O encontro contou coa participación