Na noite deste pasado 4 de febreiro, Día Mundial contra o Cancro, a fachada da casa consistorial tinguiuse de verde como xesto simbólico de apoio e solidariedade ás persoas que padecen esta enfermidade oncolóxica, mais tamén ás súas familias e achegados.
A través desta iluminación especial, o Concello quixo sumarse á conmemoración dunha data impulsada mundialmente dende o ano 2000; unha efeméride que serve para sensibilizar, visibilizar e lembrar o impacto do cancro, ao mesmo tempo que reivindica máis recursos para a súa prevención e investigación.
Un xesto para facer visible o compromiso colectivo de Ares na loita contra esta doenza.



