📅 INSCRICIÓNS OBARDOIROS E ACTIVIDADES NADAL ARES 2025/2026
Inscricións para os obradoiros culturais: https://forms.gle/HTxJZy5EfCNy42kE8
Inscricións para as actividades na Casa da Xuventude de Ares: https://forms.gle/pUcCbFoJNEhbWxJE6
📅 PROGRAMA NADAL ARES 2025/2026
VENRES 5 DECEMBRO
ILUMINA OS TEUS DESEXOS
Ponte da Cascada.-
Adorno o árboe.- 17:00 h.
Acendido do alumado.- 18:30 h.
MÉRCORES 10 DECEMBRO
O NADAL CHEGOU Á BIBLIOTECA
Obradoiro para toda a familia
Biblioteca – Desde as 18:00h. ás 19:30h. De balde
XOVES 11 DECEMBRO
OBRADOIRO DE POSTAIS DE NADAL – Biblioteca Municipal
De 3 a 6 anos: 16:30 – De 7 a 12 anos: 18:30 h.
SÁBADO 13 DECEMBRO
“NA CERNA DO SON”
Espectáculo multiARterial
Casino Aresano.- 20:00 h.
Público adulto
LUNS 15 DECEMBRO
“CRUZA SEN MIRAR”
Charla–coloquio.
Talabera Creativa
Alianza Aresana.– 19:00 h.
MÉRCORES 17 DECEMBRO
OBRADOIRO DE MANUALIDADES DE NADAL NA BIBLIOTECA
Nenxs de 3 a 6 anos.
17:30 h.
XOVES 18 DECEMBRO
OBRADOIRO DE MANUALIDADES DE NADAL NA BIBLIOTECA
Nenxs de 7 a 12 anos.
17:30 h.
VENRES 19 DECEMBRO
“VICKY E A FELICIDADE”
Teatro infantil
Alianza Aresana.- 18:30 h.
Público familiar (+ 4 anos).
DOMINGO 21 DECEMBRO
XIX CERTAME DE PANXOLIÑAS
Igrexa San Xosé de Ares
18:00 h.
LUNS 22 DECEMBRO
POSTRES NO NADAL
Obradoiro de pastelaría creativa
Biblioteca Municipal
De 3 a 6 anos: 1º grupo.- 16:30 h. – 2º grupo.- 18:00 h.
IX CAMPUS DE BALONCESTO: CHIQUIBASKET NADAL
Pavillón Deportivo Municipal. De 10 a 13 h.
OBRADOIRO DE SOFTWARE LIBRE
Casa da Xuventude. De 10 a 14 h.
MARTES 23 DECEMBRO
POSTRES NO NADAL
Obradoiro de pastelaría creativa
Biblioteca Municipal
De 7 a 12 anos: 1º grupo.- 16:30 h. – 2º grupo.- 18:00 h.
IX CAMPUS DE BALONCESTO: CHIQUIBASKET NADAL
Pavillón Deportivo Municipal. De 10 a 13 h.
OBRADOIRO DE SEGURIDADE, OCO E OPERACIÓNS DIXITAIS NA INTERNET
Casa da Xuventude. De 10 a 14 h.
MÉRCORES 24 DECEMBRO
CABALGATA DE PAPÁ NOEL
Cabalgata e recepción.
Saída ás 16:30 h. da Praza do Pedregal (Redes)
Percorrido polas principais rúas para chegar á Biblioteca onde recibirá as vosas cartas e desexos. Colabora S.C.D O Tilo.
IX CAMPUS DE BALONCESTO: CHIQUIBASKET NADAL
Pavillón Deportivo Municipal. De 10 a 13 h.
VENRES 26 DECEMBRO
“JASTAG JAPI JOLIDIAS”
Monólogo comedia. Eiriol na Taberna
Alianza Aresana.- 20:30 h.
Público adulto.
TORNEO FAMILIAR DE TENIS DE MESA
O club de tenis de mesa “Cidade de Narón”.
Para nenos e nenas a partir de 6 anos. De balde
Pavillón Deportivo Municipal. De 16:30 a 20:30 h.
CAMPEONATO DE TENIS DE MESA
Casa da Xuventude. De 10 a 14 h.
SÁBADO 27 DECEMBRO
NADAL NO MERCADO
Mercado Municipal
Comisión de Festas San Roque e Concello de Ares
DOMINGO 28 DECEMBRO
XX CARREIRA POPULAR DE FIN DE ANO
Ares–Mugardos–Ares. A carreira do Papá Noel
11 h. Pavillón polideportivo Municipal de Ares (1)
NADAL NO MERCADO
Mercado Municipal
Comisión de Festas San Roque e Concello de Ares
LUNS 29 DECEMBRO
“AS AVENTURAS DE JAZZY E BLUSY”
Teatro musical
Alianza Aresana. 18:00 h.
Público infantil. De balde.
CAMPEONATO DE FÚTBOL
Casa da Xuventude. De 10 a 14 h.
MARTES 30 DECEMBRO
MÚSICA E LETRA, KARAOKE NA BIBLIOTECA
Alianza Aresana. 18:00 h.
Público familiar. De balde.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS FÚTBOL SALA FEMININO
Club Fuxeis F.S.
Pavillón Deportivo Municipal. 17:00 h.
CAMPEONATO DE BILLAR
Casa da Xuventude. De 10 a 14 h.
MÉRCORES 31 DECEMBRO
ZUMBA–ZUMBALLE!
Praza da Constitución–Xunto ao Palco. 12 h.
Para todos as idades. VEN A ZUMBAR!! (2)
FESTA FIN DE ANO
Praza da Igrexa.– 01:00 h.
Comisión Festas do Mar e Concello de Ares
VENRES 2 XANEIRO
“NA PROCURA DOS REIS MAGOS”
Xogo de pistas – Biblioteca
Des 3 anos.- 18:00 h.
De 7 a 12 anos.- 20:00 h.
(Trae a túa lanterna e o mailo na bolsa)
CAMPEONATO DE XOGOS EN REDE
Casa da Xuventude. De 10 a 14 h.
LUNS 5 XANEIRO
“CABALGATA DOS REIS MAGOS”
Saída ás 16:30 h. da Praza do Pedregal (Redes) percorrendo todas parroquias até chegar á biblioteca onde recibirá ás vosas cartas e desexos. Colabora S.C.D O Tilo
CAMPEONATO eSport.
Casa da Xuventude. De 10 a 14 h.
NOTAS:
A) Todos os obradoiros realizados na Biblioteca requiren inscrición previa a través do formulario habilitado na páxina web municipal: www.concellodeares.gal. Apertura do prazo: XOVES 4 DE DECEMBRO ÁS 16:00 H. Calquera inscrición realizada antes da hora (aínda que o formulario figure xa habilitado) terase por non formulada. Custo dos obradoiros: 4 € (agás o de pastelería creativa que será de 10 €).
B) As prazas adxudicaranse por orde de inscrición. O pagamento realizarase na biblioteca municipal cunha antelación de 2 días á data do obradoiro no que se obtivese praza. En caso contrario, a praza quedará liberada e cubrirase coas persoas que se atopen na listaxe de agarda. As actividades que non acaden un número mínimo de inscricións poderán ser canceladas pola organizació
C) A Biblioteca permanecerá pechada durante a realización dos distintos obradoiros de Nadal
D) Todas as actividades que se desenvolven na Casa da Xuventude non requiren inscrición previa no propio local.
(1) INSCRICIÓNS – CARREIRA POPULAR FIN DE ANO
Ata as 23:59 do 23 de decembro na pasarela http://www.carreirasgalegas.com. Prezo: 5€.
Prazas: 500.
Retirada de dorsais: o venres 26 de 8 a 13:30 h. e de 16 a 22 h. e o sábado 27 de decembro de 9 a13 h., no Complexo acuático do Castro e o propio día da proba no Pavillón de Ares entre as 9 e as 10:30 h.
Saída ás 11 h. do Pavillón Deportivo Municipal de Ares. Percorrido: 10 km. Ares-Mugardos-Ares, á chegada haberá sorteos de cestas entre as persoas participantes que cheguen á meta.
Requisitos: ter cumpridos 16 anos.
(2) ZUMBA–ZUMBALLE!!
Unha hora de baile para despedir o ano. Para tódalas idades. Inscríbete ata o venres 27 nas Alianzas Aresanas, ou na web www.concellodeares.gal, no apartado Vive o Nadal, Vive Ares.
Outras Actividades
CAMPAÑA LIBROS & ALIMENTOS NO NADAL
Actividade solidaria. Do 1 ao 12 de decembro.
Na Biblioteca. Achega 1 kg de alimentos non perecedoiros e levarás un libro de 2ª man.
Todos os alimentos recollidos serán entregados a Cáritas de Ares.
QUERES SER AXUDANTE DE PAPÁ NOEL?
Se tes de 6 a 10 anos, e queres vivir axudar a Papá Noel na cabalgata e no reparto de caramelos na recepción posterior, apúntate na Biblioteca Municipal do 9 ao 18 de decembro ás 18 h.
Sortearemos 2 prazas o día 18 de decembro ás 19 h.
QUERES SER AXUDANTE DOS REIS MAGOS?
Se tes de 6 a 10 anos, e queres vivir axudar aos Reis Magos na cabalgata e no reparto de caramelos na recepción posterior, apúntate na Biblioteca Municipal do 9 ao 18 de decembro ás 18 h.
Sortearemos 3 prazas o día 18 de decembro ás 19 h.
PHOTOCALL DE NADAL
Dende o martes 9 de decembro ata o mércores 7 de xaneiro (ambos incluídos), podes achegarte á Biblioteca Municipal e tomar unha foto no noso photocall navideño.
UNHA MESA DO NADAL
Dende o día 9 de decembro ata o mércores 7 de xaneiro (ambos incluídos), contaremos cun apartado especial de libros de temática do Nadal para que poidas desfrutar de lecturas adicadas a estas datas.
Agradecemos a colaboración das sociedades, entidades, grupos musicais, Protección Civil e Policía Local.



