Ares organiza un bingo solidario a favor da loita contra o cancro

Comparte esta nota de prensa

A Concellaría de Cultura e a Asociación Española contra o Cancro, que ten representación en Ares a través da súa delegación local, organizan conxuntamente un bingo solidario o próximo 22 de decembro ás 18:00 horas para recaudar fondos e axudar na loita contra a doenza, dentro da programación de Nadal da localidade.

A Alianza Aresana será o espazo que acollerá esta iniciativa na que poderán participar os maiores de 16 anos e que contará con agasallos tanto para as liñas como para o bingo. O prezo por cartón será de 2 euros e a entrada para participar é completamente libre.

Pódeche interesar

Notas de prensa

O Nadal chegou á biblioteca!

Xa está todo listo na biblioteca municipal de Ares para gozar deste período festivo. De feito, nestes últimos días os máis pequenos e pequenas amosaron