O salón de plenos do consistorio acolleu durante o sábado, 7 de xaneiro, o acto institucional para homenaxear a Hugo Martínez Cortizas, subcampión galego de baile deportivo en 2022, presidido polo alcalde do municipio, Julio Ignacio Iglesias Redondo.
Rodeado de compañeiros/as de baile, amizades e familia, que lle trasladaron todo o seu apoio e cariño, Hugo Martínez recibiu das autoridades municipais a placa conmemorativa do acto e deixou a súa sinatura no Libro de Ouro de Concello, acompañando así a outros deportistas de Ares e personalidades vencelladas á localidade.
Un novo orgullo aresán!! Parabéns!!