Os Reis Magos puxeron fin ó Nadal en Ares

Comparte esta nota de prensa

A nosa localidade foi un dos lugares que visitaron Melchor, Gaspar e Baltasar para coñecer os desexos da mocidade! Durante a tarde do xoves pasado, os Reis Magos saudaron e achegáronse a quen estivese agardando pola súa chegada nas parroquias e tamén no núcleo urbano de Ares, onde fixeron a súa recepción oficial, tronos e paxes incluídos, xa dentro da biblioteca municipal.

Foron eles os encargados de pechar a programación municipal navideña, pero tamén de despedir un Nadal aresán máis marcado pola cultura, o deporte e as boas intencións de cara a este ano que comeza.

A cabalgata realizouse grazas á colaboración da Concellaría de Cultura coa Sociedade Cultural O Tilo e a agrupación local de Protección Civil.

Pódeche interesar