Ares rende homenaxe ós deportistas Cristian Carnero Solís e Óscar Fernández Allegue

Comparte esta nota de prensa

O Concello vén de anunciar a organización dun acto en recoñecemento ós logros deportivos que veñen de acadar dous dos veciños da nosa localidade para mañá, sábado 17 de decembro ás 11:00 horas.

Así, as autoridades municipais recibirán no salón de plenos da casa consistorial a Cristian Carnero Solís, campión de España de World Natural Bodybuilding Federation (WNBF) e terceiro posto no Campionato Mundial de culturismo natural celebrado en Estados Unidos, e a Óscar Fernández Allegue, campión de España coma cadete masculino na modalidade de ergómetro.

As recepcións actuarán de homenaxe institucional polos méritos obtidos nos últimos meses e que sitúan ao pobo de Ares no panorama nacional e internacional dentro de cada especialización deportiva.

O acto estará aberto a toda a veciñanza que desexe sumarse e trasladar o seu apoio os deportistas aresáns!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado