Ares volveu poñerse en marcha contra o cancro

Comparte esta nota de prensa

Veciñanza de todas as idades sumouse onte á andaina celebrada na vila para compartir unha mañá arredor dunha causa solidaria: a loita contra o cancro, nunha iniciativa promovida pola Xunta Local da AECC en Ares, coa colaboración do Concello.

Dende a praia do Xuncal, as persoas participantes completaron un percorrido de 6 quilómetros polo paseo marítimo, Poellas, a praia de Centeás e a praia da Barrosa, antes de regresar ao punto de partida.

Un itinerario pola contorna aresá que serviu para visibilizar, paso a paso, a importancia de seguir apoiando a investigación contra o cancro e os servizos de atención e acompañamento ás persoas afectadas e ás súas familias.

Grazas a todas as persoas que participaron e, especialmente, ao voluntariado e ás entidades, patrocinadores e colectivos colaboradores que fixeron posible esta nova xornada solidaria!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.