As Escolas do Lago acolleron onte á noite a primeira sesión do Ciclo de Cine de Verán ao aire libre, unha das propostas familiares integradas na programación VeraneAres 2026 da Concellaría de Cultura.
A película escollida para abrir o ciclo foi “¿Quién es quién?”, unha comedia familiar chea de situacións disparatadas arredor dunha familia que esperta, dun día para outro, cos corpos intercambiados.
Entre humor e fantasía, o filme convidou a reflexionar sobre a empatía e a importancia de poñerse na pel das demais persoas, nunha noite pensada para desfrutar do cinema ao aire libre en boa compañía.
📅 O ciclo continuará nas Escolas do Lago coas seguintes proxeccións:
🔹 23 de xullo, ás 22:30 h. — Kung Fu Panda 4
🔹 13 de agosto, ás 22:00 h. — Rondallas
🤝 Unha actividade organizada polo Concello de Ares coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.



