ARQUITECTURA MILITAR

O pasado histórico-militar de Ares pódese atisbar nalgunhas das súas construcións. A defensa do territorio facíase desde lugares tan emblemáticos actualmente como a Bailadora ou Punta Segaño. Espazos que non só nos ofrecen as súas preciosas vistas, desde as que se controlan toda a ría, senón tamén as baterías militares que percorrían os nosos antepasados.

Ademais, desde a Bailadora pódense ver os castelos da Palma e San Felipe, que formaban xunto co de San Martiño (hoxe desaparecido) o triángulo defensivo da ría de Ferrol.