Arranca a primeira sesión de cine de verán ao aire libre

Comparte esta nota de prensa

Mañá, mércores 6 de xullo, o Concello organiza a primeira sesión dunha actividade con fonda tradición dentro da programación cultural: o cine de verán en Ares, no que se proxectará Padre no hay más que uno 2″, unha comedia dirixida e escrita por Santiago Segura.

Se estás buscando plan para esa noite, preto das 22:30 poderás desfrutar desta película para toda a familia na Praza da Constitución de Ares, sen necesidade de reserva previa e totalmente de balde.

Este ciclo de cine de verán, que terá máis sesións en agosto, conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

 

Pódeche interesar