Arrancan as obras que materializarán o proxecto básico de nave para embarcacións, vestiarios e ximnasio do Club de Remo de Ares

Comparte esta nota de prensa

Tras os traballos de cimentación e preparación do chan, agora comeza unha intervención coa que se construirá unha edificación aproximada de 400 metros cadrados (300 na planta baixa e 100 nun primeiro andar), solventando as necesidades para a estiba de embarcacións de banco fixo e os entrenamentos do equipo de remo aresán.

O Concello vén de informar do inicio das obras para executar o proxecto básico de nave de embarcacións, vestiarios e ximnasios para o Club de Remo de Ares, unha intervención que se realiza na área do Porto e que ten en conta as necesidades actuais do equipo no que atinxe a solventar a estiba de embarcacións de banco fixo e a xestión dos entrenamentos semanais.

As obras convértense no principio dunha liña de traballo que proporcionará unhas instalacións óptimas e adaptadas ó que se precisa no presente, en consonancia co interese do goberno municipal de apoiar activamente ao club de remo, coma ao resto de entidades e asociacións deportivas locais, mais centrándose desta volta nos espazos e os seus usos.

O proxecto contempla unha nova nave cunha superficie final aproximada de 400 metros cadrados, divididos en planta baixa e primeiro andar, e situada na dársena seca do Porto. O orzamento para esta actuación é de 157.000 euros, impostos incluídos, entre o POS adicional da Diputación da Coruña (86.000 euros) e fondos municipais (71.000 euros).

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares presenta a Festa do Arroz con Garrafón

A iniciativa contará co especialista paelleiro José Aira, que fará un arroz nunha paella xigante de case dous metros de diámetro con ingredientes que aluden