As voces do Pequecoro prepáranse para o seu concerto na Igrexa de San Xosé de Ares

Comparte esta nota de prensa

A Igrexa de San Xosé acollerá o próximo domingo, 16 de xuño, ás 18:00 horas o concerto ‘Pequecoro canta con amor’, unha actuación orixinal de dúas entidades procedentes do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol: o PequeCoro do Xan Viaño e o Peque coro in crescendo.

65 alumnos e alumnas achegaranse á localidade de Ares por primeira vez e estarán acompañados pola melodía dun piano de cola, unha cita perfecta para todos aqueles amantes da música, mais tamén para comprobar a canteira musical da comarca.

Pódeche interesar