Atención a todos os peques de 6 a 10 anos en Ares!

Comparte esta nota de prensa

Desde hoxe, luns 11 de decembro, ata o venres 15, estendémoste a invitación para inscribirte na biblioteca municipal para converterte en axudante de Papá Noel ou dos Reis Magos. Únete a eles apuntándote esta semana na Alianza Aresana e terás a oportunidade de formar parte das cabalgatas e participar no reparto de caramelos durante as recepcións.

O 20 de decembro realizarase un sorteo entre todos os rexistrados para determinar dúas prazas de axudantes de Papá Noel e tres prazas de paxes dos Reis Magos!

Pódeche interesar