Embarcacións tradicionais navegan na ría polo IV Memorial Nancho Real

A XXI Concentración de Embarcacións Tradicionais Porto de Redes – IV Memorial Nancho Real disputouse cun vento que respectou a organización do evento durante a xornada do sábado, 20 de xullo. Quen ollase cara a ría atoparía unha imaxe singular grazas a esta regata que xa supera os trinta anos materializándose na contorna de Redes, […]

Contratación de 1 PEÓN FORESTAL para a realización da obra/sevizo “Coidados Forestais” subvencionado pala Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

ACTA COMISIÓN SELECCIONADORA Reunidos no Concello de Ares, senda as 09:30 horas do día 17 de xullo de 2024, as Sras/Sres. ó marxe indicados, coa finalidade de procederá contratación de 1 PEÓN FORESTAL para a realización da obra/sevizo “Coidados Forestais” subvencionado pala Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Presidente: D. Angel Rodríguez Calviño Secretaria: Dª […]

O Concello dá inicio ao ciclo de cine de verán ao aire libre

O patio das Escolas do Lago acolleu onte a primeira das proxeccións que organiza a Concellaría de Cultura do municipio no marco do Ciclo de Cine de Verán, unhas programacións cinematográficas que se producirán ao aire libre totalmente de balde coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Desta volta, o ciclo arrancou con […]

Os oito mitos de Palermo, o poemario que viaxa cara o abismo dun mesmo

O artista aresán Antonio Seijas, polifacético na construción do seu propio universo creativo dende a fotografía, a novela, a ilustración ou a pintura, presentou este venres pasado a súa última publicación, Os oito mitos de Palermo (Aira Editorial, 2024), acompañándolle a escritora Andrea Maceiras, a violoncellista Emma Urango e a concelleira de Cultura, Alma Barrón. […]

Ares clausura o Campus de Verán da Fundación Celta na modalidade tradicional

Despois da última sesión de entrenamento lúdico-formativo, rapaces e rapazas clausuraron a actual edición do Campus de Verán da Fundación Celta que se estaba a realizar no Prados Vellos, acompañados dos monitores do club olívico e da concelleira de Deportes, Alma Barrón. O venres pasado púxose o broche final ao evento que ano tras ano […]

Posta a disposición de prazas libres da XXVII Travesía a Nado

Segundo informan dende a área de Deportes municipal, e tendo en conta o excedente de prazas reservadas até hoxe mesmo, o Concello habilitará o propio día da Travesía a Nado, sábado, 20 de xullo, 28 prazas que se cubrirán presencialmente na mesa de dorsais. Estas inscricións realizaranse por rigorosa orde de chegada á mesa instalada […]

Últimas horas para inscribirse na XXVII Travesía a Nado Ría de Ares

Se estás interesado/a en formalizar a túa inscrición na proba deportiva da Travesía a Nado Ría de Ares que se realiza este sábado, lembra que mañá, xoves, 18 de xullo ás 09:00 horas remata o prazo para facelo. Todas as categorías teñen un prezo de 3 euros, agás a popular, que é totalmente de balde! […]

Nova data para a proxección ao aire libre da película ‘Salta’!

O ciclo de cine de verán da Concellaría de Cultura, en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña, arrancará este domingo, 21 de xullo, ás 22:30 horas nas Escolas do Lago, despois de reprogramar a primeira sesión por mor da climatoloxía adversa. A veciñanza poderá desfrutar dunha comedia familiar dirixida por Olga Osorio e […]

Punto limpo móbil instalado en Besoxo

O punto limpo móbil do Concello xa está á disposición da veciñanza na contorna de Besoxo durante toda esta semana para que se depositen os residuos de tratamento especial: Pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado; e pequenos electrodomésticos.  

20 embarcacións sumáronse á XXX Regata General Gabeiras

Durante esta fin de semana pasada, a ría converteuse en espazo deportivo coa XXX Regata General Gabeiras-XVI Trofeo Audi-Autogándara, unha iniciativa que xa conta con trinta anos de antigüidade e que supón unha das grandes citas para o Club Náutico Ría de Ares. O evento aglutinou a 20 embarcacións, reforzando o prestixio da cita para […]

Comeza a nova edición do Campus de Verán da Fundación Celta en Ares

O campo municipal de Prados Vellos acollerá toda esta semana as súas sesións de mellora técnica, que logo se ampliarán a seguinte máis coa modalidade específica de porteiros, a gran novidade neste 2024. O evento deportivo expón as relación estables entre a Fundación Celta, a Federación Galega de Fútbol en Ferrol, o Concello e o […]