Unha novela de misterio que destapa segredos agochados durante anos

Comparte esta nota de prensa

Isabel Ramos Breijo achegouse até o salón de actos da Alianza Aresana o venres pasado para presentar a súa novela El Secreto de Andrea, publicada pola editorial Círculo Rojo. A autora, acompañada pola concelleira de Cultura Alma Barrón, debullou as temáticas dunha obra que mergulla ao lector nunha historia de intriga e misterios familiares.

Introducíndose nunha narrativa chea de suspense, Ramos presenta a historia de Paula, unha organizadora de eventos que regresa á aldea da súa infancia para coidar da súa avoa. Alí, o inesperado retorno de Andrea, unha muller desaparecida hai vinte anos, desencadea unha serie de revelacións que sacudirán a aparente tranquilidade da comunidade.

 O acto, organizado pola Concellería de Cultura, permitiu afondar nos segredos que agocha a novela e brindou a oportunidade ás persoas asistentes de levar para a casa un exemplar asinado por Isabel Ramos.

Pódeche interesar