O concello de Ares resulta beneficiario da Liña 3 de Axudas para puntos limpos móbiles

O concello de Ares resulta beneficiario da Liña 3 de Axudas para puntos limpos móbiles, cunha financiación que correspondente ao 89% do total do proxecto, no que o importe correspondente a nosa entidade e de 63.190,00 € financiado ao abeiro da RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2022 pola que se conceden as subvencións convocadas […]
Que axenda cultural temos en Ares para esta fin de semana? Tres eventos que non podes perderte:

Mañá, sábado 17, despois da homenaxe ós deportistas locais Cristian Carnero Solís e Óscar Fernández Allegue (11:00 h. na casa consistorial), poderás achegarte ata o pavillón polideportivo municipal (12:00 h.) para ver as exhibicións que teñen preparadas dende a Escola Comp-Arte no seu Festival de Nadal de Danza Moderna. A entrada é libre! O domingo, […]
Ares rende homenaxe ós deportistas Cristian Carnero Solís e Óscar Fernández Allegue

O Concello vén de anunciar a organización dun acto en recoñecemento ós logros deportivos que veñen de acadar dous dos veciños da nosa localidade para mañá, sábado 17 de decembro ás 11:00 horas. Así, as autoridades municipais recibirán no salón de plenos da casa consistorial a Cristian Carnero Solís, campión de España de World Natural […]
Bando corte de auga Chanteiro 20 e 21 de decembro 2022

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: Infórmase aos usuarios do Servizo Municipal de Augas que o MARTES 20 e o MÉRCORES 21 de decembro procederase á interrupción temporal do subministro de auga potable na poboación de CHANTEIRO, desde as 9.00 horas ata as 13.00 horas, para […]
Bases Xerais que rexerán os Procesos Selectivos convocados polo Concello de Ares para cubrir as prazas de Estabilización de Emprego Temporal incluídas na Oferta de Emprego Público de 2022
BASES XERAIS QUE REXERÁN OS PROCESOS SELECTIVOS CONVOCADOS POLO CONCELLO DE ARES PARA CUBRIR AS PRAZAS DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE 2022 PRIMEIRA.- OBXECTO E CONTIDO. Estas Bases Xerais teñen por obxecto regular os aspectos comúns dos procesos selectivos das convocatorias para cubrir as prazas vacantes no cadro […]
As parroquias de Ares tamén contan coas súas programacións deportivas polo Nadal!

Os xogos populares chegarán ó municipio durante as mañás do mércores, 28, e xoves, 29 de decembro, para dinamizar os núcleos sociais de Cervás, Caamouco e Chanteiro. Estas actividades lúdicas promoveranse en horario de 11:00 a 13:00 horas e invitarán a toda crianza maior de 4 anos que desexe pasar un bo rato coa súa […]
XOGOS POPULARES NAS PARROQUIAS

MERCORES 28 E XOVES 29 DE DECEMBRO, DE 11 A 13H Aros, zancos, ra, chave, bolos, sacos, brilé, chapa, a comba, crebacacholas, laberinto, ….Se tes máis de 4 anos e queres vir pasar un ratiño xogando, esta é a túall XOGA NO C.C.OUTEIRO DE CHANTEIRO. XOGA NA GANDEIRA DE CERVAS. XOGA NA INSTRUCTIVA DE CAAMOUCO […]
Carreira Popular de Fin de Ano: Retirada de dorsais

Dende hoxe, xoves 15 de decembro, ata o sábado, 17, xa podes achegarte ás instalacións do Complexo Acuático do Castro para retirar o teu dorsal da Carreira Popular de Fin de Ano Mugardos-Ares-Mugardos. Podes facelo no seguinte horario: XOVES E VENRES: de 8:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 22:00 h. SÁBADO: de 9:00 […]
11 son as perruquerías que se animaron a formar parte da campaña de consumo local, MercAres!

Eses lugares onde falamos e socializamos, buscamos o mellor estilismo e autocoidado… e negocios onde non só peitean, senón que tamén ofrecen diferentes produtos de cosmética á nosa veciñanza. Queres coñecer as perruquerías nas que poderás recibir algún dos vales-rascas do MercAres? Bota unha ollada a esta publicación!
Últimos días para solicitar as axudas económicas de agasallos de Nadal 2022

O próximo martes, 20 de decembro, remata o prazo de solicitude da liña de apoio para costear a compra de agasallos de Nadal ás unidades familiares en situación de vulnerabilidade económica. Lembra que os destinatarios da axuda son familias que residan e estean empeadroadas en Ares cunha antigüidade mínima de seis meses. Terán que ter […]
Dentro da programación municipal de Nadal, temos unha cita non só coa música, senón tamén coa demostración de baile!

En colaboración co Concello, a escola Comp-Arte amosará as súas mellores coreografías no Festival de Nadal de Danza Moderna que realizará no pavillón polideportivo da nosa localidade. Apunta na axenda: sábado, 17 de decembro, ás 12:00 horas. Con entrada libre!
Durante este mes de decembro e parte de xaneiro, coñeceremos os rostros dos 93 locais que forman parte do noso #MercAres, a campaña de apoio aos negocios de proximidade do Concello!

Nesta ocasión, achegámosnos aos mostradores de 8 comercios que temos no municipio e que axudan a dinamizar a vila económica e socialmente . Xoias, flores, electrodomésticos, bens para o fogar, elementos de ferraxería… eles son algúns dos encargados de abastecernos co que necesitamos. Bota unha ollada aquí embaixo para descubrilos! E aproveita para participar no […]