CASA BENITO ROJO

Avda. Gaspar Rodríguez, 2 Benito Rojo López, emigrou a Chile no ano 1905 onde comezou traballando no “Almacén La Rueda” en Iquique. No 1912 casa con Albina e encoméndalle ao mestre de obras José Calvo a construción desta vivenda que supón un perfecto exemplo da arquitectura indiana: Fachada principal simétrica, fiestra redonda no faiado, galería […]

CASA DE RAMÓN CAÍNZOS

R/ Da Igrexa, 45 Sabemos da súa existencia cando menos desde 1870, e era coñecida popularmente como Pazo de Cervás. A vivenda reformouse no ano 1930, mais foi nos anos 40, cando o seu novo dono Ramón Caínzos voltou de Cuba, que a casa acadou o seu sabor indiano. Destaca o carácter modernista das galerías, […]

CIRS

Rúa da Igrexa, 22 Entre os anos 1922 e 1924 fúndase o Centro Instructivo de Cervás (CIRS). Inicialmente operaba nun local alugado, ata que se adquiriu o actual terreo por un enorme prezo para a época (14.000 pesetas). Foron as delegacións de emigrados en Estados Unidos e Cuba as que posibilitaron a recadación desta importante […]

CASA DOS CURBEIRAS

Rúa Praia de Estacas, 2 Esta casa, patrimonio da familia Curbeira, de longa raizame na vila, apenas presenta trazos da arquitectura indiana, exemplificando antes a arquitectura tradicional vilega anterior ao período modernista. Sendo casa xa existente antes da expansión urbana propiciada pola salazón, ao contrario das casas indianas, que medraron na nova área urbana, a […]

PRAZA DOS REAIS ALFOLÍES

Praza dos Reais Alfolíes O predio que aínda ostenta o emblema de El Alfolí, hoxe vivenda particular, é o resto vivo das vellas instalacións dos Reais Alfolíes en Ares. Os Alfolíes eran unha estrutura comercial e administrativa dependente da coroa, onde se almacenaba e distribuía o sal, e se regulamentaba o seu tráfico, fundamental nas […]

TORRE DO RELOXO

Praza da Igrexa A torre do reloxo, emblema da vila, foi construída no século XVIII, por emprendimento municipal, co fin de dotar á vida aresana dun sistema horario colectivo e dunha campá para avisos propios do Concello. Situouse a carón da igrexa de San Xosé, centro da vida comunitaria, e á beira do río da […]

PALCO, CASA PEREGRINA (Real, 27) E CASA FINA CANCELA (Anxos, 34)

Praza do Concello Vello Na Praza do Concello Vello, centro da vida social aresana durante a época modernista, aínda é posíbel admirar diversos exemplos da arquitectura indiana, como a Casa de Fina Cancela, situada na extrema da Rúa dos Anxos, dotada de alta galería de remate, que daba galanura a un conxunto formado polo predio […]

MUSEO SALAZÓN

Rúa Santa Bárbara, 3 A estrutura deste predio reflicte aínda a arquitectura característica das fábricas e almacéns destinados á salazón, que chegaron a ocupar toda a beiramar da vila e dos que hoxe apenas restan algúns exemplos. Foi remodelada como taberna pola familia da Pedrafeita, a muller que a mercou, respeitando a estrutura tradicional e […]

CASA ANTONIO VILAR

Rúa Fomento, 2 Vivenda de orixe peculiar que se remonta a 1884, cando o italiano Francisco Rebatto compra o terreo e constrúe unha salgadeira. A principios do século XX, Antonio Vilar, emigrante en Cuba, refórmaa como vivenda de forte impronta modernista, na que aínda atopamos a pegada da vella fasquía fabril no patio interior e […]

CASA NICOLÁS LÓPEZ CANCELA

Rúa Real, 73 O emigrado na Habana, Nicolás López Cancela, adquire e rehabilita a casa do número 73 da Rúa Real no ano 1922. Se reparamos, a estrutura é semellante á da típica casa vilega do século XIX. A remuda acrecenta as galerías, as varandas, e sobre todo o lucernario, que achegan ao predio o […]