O Concello promove torneos e obradoiros de competencias dixitais para a mocidade

Nos meses de xullo e agosto, a Casa da Xuventude acollerá competicións de tenis de mesa, futbolín, e-sports, xogos en rede e billar, mais tamén dúas programacións centradas en tecnoloxía dixital e bos hábitos na Internet totalmente de balde. As inscricións para as dúas iniciativas poderán formalizarse dende mañá, martes, 18 de xuño, até esgotar […]
BANDO: Información sobre as fogueiras de San Xoán

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, FAI SABER: Que, estando próxima a celebración da noite de San Xoán, coas tradicionais fogueiras, e sendo preciso controlar o cumprimento da normativa vixente, sobre todo en canto á seguridade dos participantes, tendo en conta que segundo o disposto no artigo 1.1º do Regulamento de Servizos […]
O SendAres completa a súa saída extraordinaria por Asturias

A programación da Concellaría de Deportes de sendeirismo municipal, o SendAres, achegouse esta fin de semana á contorna asturiana para explorar o seu incrible patrimonio natural. A paisaxe despregouse ante os vinte sendeiristas que se sumaron a esta última iniciativa, un itinerario dividido en dous días, entre o sábado, 15, e o domingo, 16 de […]
Listaxes admitidos definitivos por Quincena do Programa ConciliAres 2024
Axuntamos os listados por quincena do programa Conciliares 2024 (Tanto dos admitidos como da lista de agarda), Identificándose coas iniciais dos menores. Así mesmo, dende o luns dia 17 ata o venres 21 de xuño ábrese o prazo para o pagamento das quincenas do mes de xullo, e ata o 20 de xullo para as […]
Bases Específicas Para A Contratación, En Réxime Laboral Temporal De Tres (3) Auxiliares Da Policia Local
CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DE AUXILIARES DE POLICIA LOCAL. BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN, EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE TRES (3) AUXILIARES DA POLICIA LOCAL 1.- Obxeto da convocatoria. O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal de tres (3) AUXILIARES DA POLICIA LOCAL, a través do procedemento de […]
As voces do Pequecoro prepáranse para o seu concerto na Igrexa de San Xosé de Ares

A Igrexa de San Xosé acollerá o próximo domingo, 16 de xuño, ás 18:00 horas o concerto ‘Pequecoro canta con amor’, unha actuación orixinal de dúas entidades procedentes do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol: o PequeCoro do Xan Viaño e o Peque coro in crescendo. 65 alumnos e alumnas achegaranse á localidade de Ares por […]
O Concello publica as bases para a contratación laboral temporal de 2 técnicos/as de turismo en Ares

O Concello vén de publicar as bases que rexerán o proceso de contratación, por un período mínimo de 4 meses durante este 2024, de 2 técnicos/as de turismo ao 75 % da xornada. Os aspirantes poden consultar toda a información na web municipal e teñen até o próximo luns, 17 de xuño, para presentar as […]
Punto limpo móbil instalado en Cervás

O punto limpo móbil do Concello vén de instalarse en Cervás para que a veciñanza deposite os residuos de tratamento especial: Pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos.
O Concello impulsa un ano máis as rutas turísticas en barco polo litoral de Ares

A partir do 15 de xuño, activarase o servizo de ‘Ares desde o Mar’ a bordo do M. Presas, unha iniciativa para coñecer a riqueza paisaxística do municipio e o seu encanto mariñeiro. Os percorridos estarán dispoñibles durante as fins de semana e terán un prezo de 15 euros para adultos e 8 euros para […]
Últimas prazas nos Campus de Fútbol de verán da Fundación Celta

Se estás interesado/a nalgún dos dous Campus de Fútbol de Verán da Fundación Celta, tanto na modalidade tradicional do 15 ao 19 de xullo como na de porteiros –a gran novidade deste ano– do 22 ao 26 de xullo, aínda estás a tempo de sumarte á iniciativa. As xornadas desenvolveranse en horario matutino, de 9:45 […]
Apertura das inscricións para empadroados/as do VeraneAres Deportivo 2024

Lembra que hoxe mesmo, 10 de xuño, se abren os procesos de inscrición para as tres principais actividades do VeraneAres Deportivo 2024: Campamentos urbáns, Xuventude Verán Activo e Xogos nas parroquias. Até o 16 de xuño será a quenda dos empadroados/as en Ares e, do 17 de xuño en adiante, os non-empadroados/as. Podes formalizar o […]
Ares será sede dun curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela (USC) centrado no patrimonio inmaterial

Co foco posto no patrimonio cultural, natural e a biodiversidade, expertos e investigadores achegaranse até o Mosteiro de Santa Catalina durante o 22 e 23 de xullo para afondar nos retos futuros e as oportunidades económicas ou mesmo divulgar experiencias de conservación, promoción e estudo do patrimnio inmaterial galego. O curso, de 16 horas, conta […]