O Mosteiro de Santa Catalina acollerá unha charla para afondar na pintora lucense Julia Minguillón

Comparte esta nota de prensa

Mañá, mércores 17 de xullo, ás 20:00 horas, a Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina organiza, en colaboración co Concello, unha xornada adicada á pintora Julia Minguillón, a primeira muller en gañar unha Medalla de Ouro nas Exposicións Nacionais de Belas Artes e unha artista que retratou, a través da súa obra pictórica, a España da posguerra.

Será María Fidalgo Casares, doutora en Historia da Arte e especialista en pintura histórico-militar, a ponente encargada de realizar o percorrido polo estilo e traxectoria de Minguillón, deténdose  na composición ‘Escola de Doloriñas’, ao sintetizar moitos dos trazos principais da artista de Lugo.

Divulgarase así a unha figura de mediados do século XX que renovou a arte galega traballando co vangardismo da época, xusto como facían as súas coetáneas Maruja Mallo ou Elena Gago. Minguillón caracterizouse polo seu estilo realista, con gran dominio técnico, e temáticas de escenas cotiáns, obras relixiosas e paisaxísticas ou mesmo retratos da elite da sociedade galega.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.