O libro ‘Y tú, por qué quieres hablar de eso’ protagoniza a última sesión do club municipal de lectura

O venres pasado, as participantes no club de lectura que promove a Biblioteca Municipal de Ares reuníronse na sesión mensual de maio para debullar as súas impresións detrás da primeira novela de Paz Leirós ‘Y tú, por qué quieres hablar de eso’ (Alvarellos Editora, 2022). A partir dun collage de voces, situación e fragmentos, Paz […]
Arte, flores e traballo colectivo salientan un ano máis o compromiso de Ares co seu Corpus

Esta fin de semana, toda a localidade volveu volcarse coas Alfombras Florais, enchendo as rúas do núcleo urbano aresán de cor e tapices de flores. O Corpus Christi de Ares, organizado pola Asociación de Alfombras Florais e declarado de Interese Turístico de Galicia, reuniu á veciñanza na noite do sábado para confeccionar colectivamente estas mostras […]
O Concello de Ares recibe unha axuda da Excma. Deputación Provincial da Coruña correspondente ao Programa MA100: Subvencións a concellos para limpeza de praias marítimas para o ano 2024.
O Concello de Ares recibe unha axuda da Excma. Deputación Provincial da Coruña correspondente ao programa MA100: Subvencións a concellos para limpeza de praias marítimas para o ano 2024, por un importe de 24.957,83€. O obxecto deste programa é apoiar aos concellos da provincia da Coruña no sostemento dos gastos de contratación dirixidos á limpeza […]
‘Orientación basureira’, peche final do proxecto Sporural 2023-2024

Ao longo da mañá de onte e a de hoxe, xoves 30 de maio, o alumnado do CPI As Mirandas está a protagonizar o peche final do proxecto Sporural, unha iniciativa internacional na que se atopa inmersa o Concello de Ares ao longo da anualidade 2023-2024. Baixo a programación da Concellaría de Deportes, mozos e […]
O CPI As Mirandas organiza a súa VI Feira de Proxectos en Ares

Durante a tarde de onte, martes, 28 de maio, o pavillón polideportivo de Ares acolleu unha cita singular: a Feira de Proxectos que promove o CPI As Mirandas con todo o seu alumnado, involucrando dende os máis pequenos de primaria aos máis maiores da secundaria. Pais, nais e veciñanza puideron comprobar de primeira man como […]
O Corpus Christi de Ares, un exemplo de compromiso colectivo

Esta fin de semana, a vila de Ares celebrará un ano máis as súas Alfombras Florais, unha festa declarada de Interese Turístico de Galicia que achegará mantos de flores a modo de arte efémero polas rúas do núcleo urbano da localidade. Con todo, o esforzo para materializar esta celebración arranca canto menos un mes atrás, […]
Punto limpo móbil instalado en Pedrós

O Concello vén de instalar o punto limpo móbil municipal na contorna de Pedrós, permanecendo alí toda a semana para a recollida de residuos especiais. Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.
QUERE O TEU MERCADO 2024

No marco do Día Internacional do Mercado que se conmemora cada 25 de maio, a Concellaría de Comercio sumouse de novo á campaña Quere o teu Mercado, unha iniciativa da Xunta de Galicia en colaboración coas administracións locais para apoiar, promocionar e visibilizar o papel destes puntos fundamentais para a dinamización económica e social. O […]
XVI Edición do Campus Chiquibásquet

Organizarase do 29 de xullo ao 2 de agosto, en horario de tarde, de 18:00 a 21:00 h, no pavillón polideportivo da localidade.
Ares acollerá a XVI Edición do Campus Chiquibásquet

Organizarase do 29 de xullo ao 2 de agosto, en horario de tarde, de 18:00 a 21:00 h, no pavillón polideportivo da localidade. As inscricións abren hoxe, 24 de maio, até o 26 de xullo ou o esgotamento das 40 prazas habilitadas baixo un prezo de 50 euros. A concelleira de Deportes, Alma Barrón; o […]
Chega a Ares a novena edición da Feira Rociera Solidaria

Un ano máis, a Asociación Ares Solidario, en colaboración co Concello e a Xunta Local da Asociación Española contra ao Cancro, organizará mañá, 25 de maio, na Praza da Constitución, este evento cheo de música, desfiles e vestidos que nos levan ao pleno sur da Península Ibérica. A iniciativa arrancará ás 18:30 horas co desfile […]
O 5 de xuño poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares

Se estás interesado en facelo, concerta a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono 981 448 057 no horario de apertura da biblioteca. Lembra que podes realizar a renovación do DNI ata 6 meses antes da data de caducidade e que durante os meses de xullo e agosto […]