Que eventos non podes perderte en Ares nos próximos días?

A Cabalgata de Papá Noel o domingo 24 de decembro! A partir das 16:30 horas, partirá desde a Praza do Pedregal de Redes e percorrerá Barracido, Seselle, Pedrós, Chanteiro e Cervás. Posteriormente, emprenderá o seu traxecto polas rúas do pobo. A cabalgata dará comezo na Porta do Sol e concluirá ao redor das 18:45 horas […]
Renovación dos Equipos Informáticos na Aula CeMIT de Ares

A pasada semana, a aula CeMIT de Ares experimentou unha significativa mellora no seu equipamento grazas á dotación de tecnoloxía de vangarda. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) contribuíu coa entrega de 12 computadores de última xeración, 10 tablets, un trípode con anel de luz, unha webcam e unha pantalla de croma. […]
Resultado Exercizo Proba de Galego e Resultado Final no proceso selectivo para a creación dunha listaxe de reserva para a cobertura das eventuais vacantes, vacacións, reforzo extraordinario e servizos ou ausencias que se poidan dar no posto de oficial de 1ª para o servizo de Obras e Servizos Municipais Interino ou Persoal Laboral Temporal
ANUNCIO ANUNCIO RESULTADO EXERCIZO PROBA DE GALEGO E RESULTADO FINAL DO PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA PARA A COBERTURA DAS EVENTUAIS VACANTES, VACACIÓNS, REFORZO EXTRAORDINARIO DO SERVICIO OU AUSENCIAS QUE SE POIDAN DAR NO POSTO DE OFICIAL DE 1 PARA O SERVIZO DE OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS, INTERINO OU PERSOAL LABORAL […]
Adxudicación da Urbanización do Camiño de Maiobre en Lubre

O Concello de Ares informa da adxudicación da urbanización do camiño de Maiobre, situado na parroquia de Lubre, como parte do Plan Complementario do POS+2023, contando cun orzamento total de 69.216,17 euros. De acordo co proxecto detallado, a actual pavimentación do camiño de Maiobre presenta un estado precario, especialmente coa deterioración do tratamento de triple […]
Lembra que tes ata o 25 de decembro ás 23:59 horas para inscribirte na XVIII Carreira Popular de Fin de Ano Ares-Mugardos!

O tradicional evento deportivo invita a pechar o 2023 con deporte a todas as persoas maiores de 16 anos que o desexen durante a mañá do 31 de decembro. Só tes que formalizar a túa praza na pasarela habilitada en www.carreirasgalegas.com, previo pago de 4 euros por participante. Antes da celebración da proba, será necesario […]
Adxudicados os traballos de Renovación de Servizos e Pavimentos na rúa Fomento

A obra posibilitará a modernización da rede de saneamento, pluviais e abastecemento, ademais da execución de traballos civís en iluminación, electricidade, telecomunicacións e a renovación de A intervención traducirase nun investimento de 155.139,93 euros, con cargo ao POS+2022 da Deputación da Coruña. A Concellaría de Urbanismo vén de informar da adxudicación das obras na rúa […]
Cuarta ruta do SendAres completada o pasado domingo!

O grupo de senderistas, guiados por Kapitrek no roteiro organizado pola área municipal de Deportes, percorreu 14 quilómetros polas Fragas do Mandeo. Descubriron lugares como Chelo e a Fraga da Espenuca, mergullándose na rica biodiversidade da comarca coruñesa das Mariñas. Unha experiencia que non só permitiulles gozar da contorna do bosque de ribeira, senón tamén […]
Lembra que ata o luns 8 de xaneiro podes achegarte á Biblioteca Municipal e tomar unha foto no seu escenario navideño!!!
Resultado 2º exercicio e convocatoria proba Galego no proceso selectivo para a creación dunha listaxe de reserva para a cobertura das eventuais vacantes, vacacións, reforzo extraordinario e servizos ou ausencias que se poidan dar no posto de oficial de 1ª para o servizo de Obras e Servizos Municipais Interino ou Persoal Laboral Temporal
ANUNCIO RESULTADO 2º! EXERCICIO E CONVOCATORIA REALIZACIÓN DA PROBA DE GALEGO PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA PARA A COBERTURA DAS EVENTUAIS VACANTES, VACACIÓNS, REFORZO EXTRAORDINARIO DO SERVICIO OU AUSENCIAS QUE SE POIDAN DAR NO POSTO DE OFICIAL DE 1ª PARA O SERVIZO DE OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS, INTERINO OU PERSOAL LABORAL […]
Adxudicación da terceira fase do Porto en Ares

O Concello de Ares dá a coñecer a adxudicación das obras que permitirán renovar a infraestrutura e a pavimentación de tres rúas do Porto: Caramanchón, dos Mártires e San Xoán. O investimento total para esta intervención ascende a 207.792,92 euros, con contribucións tanto da Deputación como do propio Concello. As actuacións levaranse a cabo nas […]
Aprobación Declaración Institucional e concentración pola Paz fronte ao Consistorio

No día de hoxe, o Pleno do Concello de Ares aprobou de forma unánime adherirse á resolución emitida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas con data do 10 de decembro de 2023. Esta resolución expresa profunda preocupación pola situación humanitaria na Franxa de Gaza e avoga pola protección das poboacións civís palestina e israelí de […]
Nova convocatoria do Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol vén de recibir da Xunta de Galicia unha nova edición do Programa Integrado de Emprego de Galicia. A administración autonómica e o Servicio Público de Empleo Estatal financian esta convocatoria dirixida a mulleres en situación de desemprego inscritas na correspondente Oficina de Emprego e empadroadas nos Concellos […]