A Cabalgata de Papá Noel Percorrerá os Principais Lugares do Municipio na tarde do Domingo

Ademais da recepción na Alianza Aresana, tense programado que Papá Noel percorra todas as parroquias do municipio, comezando ás 16:30 na Praza do Pedregal de Redes. O Concello de Ares, como é tradición cada ano, organiza a cabalgata de Papá Noel, que percorrerá os lugares e rúas máis destacados do municipio durante a tarde do […]
Oswaldo Digón Presentará o seu Monólogo “Outra Movida” en Ares o vindeiro martes 26 de Decembro

Este evento, parte da programación do Nadal organizada pola Concellaría de Cultura da localidade, terá lugar ás 20 horas no salón de actos da Alianza Aresana. Concibido como unha experiencia para pechar o ano con alegría e entretemento, o monólogo ofrecerá á audiencia adulta un repertorio de relatos humorísticos. Oswaldo Digón, recoñecido actor e monologuista […]
Aviso de recollida de enseres 19-12-2023

Lembramos que esta mesma noite do martes, 19 de decembro todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes, coma vén sendo habitual.
A Igrexa de San José en Ares encheuse de espectadores para presenciar as actuacións das cinco agrupacións no XII Festival de Panxoliñas Concello de Ares.

Organizado pola área de Cultura, o certame celebrouse onte na localidade para ofrecer unha destacada mostra de música coral local. O coro parroquial, a banda da A.C. Xábrega, a Rondalla de Trovadores de Ares, o grupo Son de Troula e a escola de música Laura Morgade presentaron os seus respectivos repertorios de cancións populares de […]
Lembra o itinerario do punto limpo móbil correspondente a este mes de decembro!

Despois de realizar paradas en Barracido e Cervás, esta semana estará dispoñible no Mazote, para logo desprazarse a Mariña do Pombal. Non esquezas que podes depositar nel os seguintes residuos domésticos: Pilas e baterías. Lámpadas e tubos fluorescentes. Aceites minerais. Aceites vexetais. Pequenos electrodomésticos. Roupa e calzado. Aproveita a oportunidade para desfacerte do que non […]
O pasado sábado, a escola Comp-Arte presentou unha exhibición das súas coreografías de danza moderna en colaboración co Concello

O alumnado, protagonista desta iniciativa, mostrou o seu talento pola mañá no pavillón polideportivo municipal da nosa localidade. Foi unha xornada chea de ritmo e expresión que marcou o peche perfecto para as últimas semanas deste ano!
O pasado venres 15 de decembro, Comillas foi o escenario da asemblea anual da Asociación Rede de Municipios Indianos do Cantábrico

Coa participación de representantes de Ribadedeva, Pradoluengo, Comillas, Boal, Medio Cudeyo, Ares, Balmaseda e Ribadeo. Alma Barrón, concelleira de Cultura de Ares, sumouse a través de videoconferencia. No encontro deuse a benvida a novos representantes e discutíronse estratexias para continuar difundindo o legado indiano en beneficio dos municipios e os seus visitantes. A asemblea reiterou […]
Resultados acadados polos aspirantes calificados como APTOS para a Formación dunha Bolsa de Traballo para realizar Contratacións Laborais Temporais ou Nomeamentos Interinos de Persoal como Traballador/a Social.
ANUNCIO RESULTADO lº EXERCICIO E CONVOCATORIA 2º EXERCICIO PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS DE PERSOAL COMO TRABALLADOR/A SOCIAL, Sen do as 14: 20 horas do día 15 de decembro do 2023, procédese á reunión da Com is ión Seleccionadora para o proceso de […]
O Concello inicia novas obras de revalorización do Humidal da Xunqueira

O Concello de Ares está a levar a cabo diversas obras de revalorización do parque fluvial da Xunqueira, logo de recibir unha subvención de 20.000 euros da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no marco do programa de axudas para o desenvolvemento do proxecto PIMA Cambio Climático. Estas intervencións promovidas pola administración local están […]
Aprobación da contratación de aspirantes no proceso selectivo para a selección do Alumnado –Traballador do Obradoiro Dual de Emprego “Reinicia X” do Concello de Mugardos, Concello de Ares, Concello de Fene
ANUNCIO PROCESO SELECTIVO PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO – TRABALLADOR DO PROXECTO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “REINICIA X” DO CONCELLO DE MUGARDOS. Por Decreto núm. 2023-1269 de 13/12/2023, acordouse, entre outros asuntos, os seguintes: Segundo.- Prestar aprobación á contratación baixo á modalidade de contrato formativo, código 421, contrato de formación en alternancia, co obxecto […]
O Concello vén de colocar unha pantalla dixital interactiva preto do Parque Rosalía para proporcionar información turística e relevante a visitantes e residentes.

Grazas a unha subvención de 13,499.50 euros outorgada por Turismo da Xunta a través dos Fondos Europeos Next Generation, cubrirase case todo o custo de instalación, que ascende a preto de 15,000 euros. A pantalla, con tecnoloxía LED dixital de 2×2 metros, mostrará información variada a través de vídeos e imaxes, permitindo un control interactivo […]
Que axenda cultural temos en Ares para esta fin de semana? Dous eventos que non podes perderte:

Mañá, sábado 16, poderás achegarte ata o pavillón polideportivo municipal (12:00 horas) para ver as exhibicións que teñen preparadas desde a Escola Comp-Arte no seu Festival de Nadal de Danza Moderna. O domingo, 17 de decembro, na Igrexa de San Xosé de Ares (18:30 horas) tes unha mostra da mellor música coral de Ares, coa […]