Aviso: Corte de auga

O Servizo Municipal de Augas do Concello informa a todos os usuarios que, para reparar unha fuga na rede de abastacemento, quedará cortada a subministración de auga nas seguintes rúas: Crta. Ares – Redes desde o alto da Pena o cruce de Seselle. Seselle Praia de Seselle O Raso, desde o cruce de Carballás ata […]

Pasou o Entroido en Ares!

Maiores e pequenos gozaron do Entroido este mércores dentro da programación que deseñou a Concellaría de Cultura durante a tarde. Chocolate quente, orellas, música ambiente, un photocall, inchables, minikarts… a pista exterior do CPI As Mirandas transformouse nun espazo lúdico para celebrar a festa galega. Tamén houbo tempo neste Entroido para sumarse ós obradoiros de […]

Inaugúrase a exposición ‘Destino Igualdade’ na Casa da Xuventude de Ares

Inaugúrase a exposición ‘Destino Igualdade’ na Casa da Xuventude de Ares

O Concello vén de inaugurar no andar superior da Casa da Xuventude a última exposición instalada nesta infraestrutura municipal, un conxunto de paneis que narran a historia de Nagalaskhmi, unha condutora dos típicos mototaxis da India, os autorickshaw, rompendo desta forma os roles, estereotipos e prexuízos de xénero. Baixo o título ‘Destino Igualdade’, a exposición […]

O Concello anuncia a apertura das inscricións para a sexta ruta do SendAres 2024-2025

O Concello anuncia a apertura das inscricións para a sexta ruta do SendAres 2024-2025

LIGAZÓN DE INSCRICIÓN: https://forms.gle/6uXPZ1m1yXAczyXN7 A ‘ruta dos mortos’ que remata aos pés do Santuario de Santo Andrés de Teixido será protagonista deste itinerario que se promoverá o 23 de marzo. Serán 17 quilometros cargados de misticismo e lendas acompañados da beleza dos cantís cun prezo de 20 euros. As persoas empadroadas en Ares poderán inscribirse […]

A área de Medioambiente arranca coa entrega de dispensadores de bolsas gratuítos

A área de Medioambiente arranca coa entrega de dispensadores de bolsas gratuítos

Dende hoxe en adiante, a veciñanza poderá recibir na entrada do consistorio de Ares os dispensadores de bolsas para as deposicións das súas mascotas, dentro da campaña de sensibilización que propón o Concello neste mes de marzo. A Concellaría de Medioambiente entregará nas próximas semanas preto de 400 dispensadores totalmente de balde, e sumará a […]

OBRADOIRO ARTÍSTICO NA BIBLIO

A Biblioteca Municipal de Ares promove un obradoiro para incentivar as habilidades artísticas dos nenos e nenas de 4 a 6 anos Poderás inscribirte dende hoxe, 22 de xaneiro, a partir das 16:00 horas vía telemática na web www.concellodeares.gal.   INFORMACIÓN DO OBRADOIRO Este venres, 24 de xaneiro A partir das 18:00 horas Biblioteca Municipal […]

A biblioteca de Ares énchese de manualidades polo Nadal

Estrelas brillantes, árbores de papel, felicitacións sinceras… e outros tantos motivos decorativos protagonizaron as postais de Nadal e os centros de mesa que fixo a rapazada aresá na biblioteca municipal da vila. Dende mediados deste mes, o equipo bibliotecario dinamizador encargouse de axudar aos pequenos e pequenas a facer estas decoracións tematizadas, no marco da […]

Papá Noel visita Ares

Papá Noel en Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e, subido na súa carroza, escoitou a todo aquel que quixera formular os seus desexos nestas datas de Nadal. Durante a tarde do martes, 24 de decembro, a cabalgata de Papá […]

Un ‘western’ para narrar as historias e melodías do Noroeste de Galicia

Vaites Rapariga en Ares

A cabalo entre o Salvaxe Oeste americano e o Feroz Noroeste Galego, Carmen ‘Lingua Afiada’ Conde e Su Garrido ‘Guitarra Lenta’ Pombo desembarcaron no salón de actos da Alianza Aresana o venres pasado para contar con música en directo as formas que teñen os galegos e galegas de buscarse a vida. Empregando a comedia negra […]