O Concello de Ares Mellora a Xestión dos Residuos coa Adquisición dun Novo Punto Limpo Móbil

A actuación, cun investimento de 12.093,95 euros, enmárcase nas axudas da Xunta de Galicia cofinanciadas pola Unión Europea a través do Programa Galicia FEDER 2021-2027. O Concello de Ares impulsa a mellora da recollida selectiva de residuos municipais mediante a adquisición dun novo punto limpo móbil, unha iniciativa destinada a facilitar á veciñanza a correcta […]
Ares dá un novo paso cara á sostibilidade co punto limpo móbil para eventos e citas municipais

O Concello de Ares incorpora un novo recurso ao servizo da veciñanza: un punto limpo móbil deseñado especificamente para dar cobertura aos eventos, festas e actividades concorridas que se celebran na vila. Esta infraestrutura itinerante permitirá mellorar a xestión dos residuos xerados nestas citas multitudinarias, facilitando a súa separación no propio lugar de celebración e […]
SendAres2026 descobre a beleza das Fragas do Eume na súa primeira andaina

O programa municipal de sendeirismo #SendAres2026 arrancou cunha fermosa xornada de natureza nas Fragas do Eume, onde as persoas participantes completaron a Senda dos Cerqueiros e miradoiro da Carbueira, un percorrido de 12 quilómetros polo corazón deste espazo natural. Ao longo da ruta, a veciñanza puido descubrir a riqueza paisaxística e botánica do parque, entre […]
Magosto-Samaín no Rueiro de Ares

Data e hora: 31 de outubro, ás 17:00 h. Lugar: O Rueiro de Ares. Programación e actividades: Obradoiro de colares de zonchos (exclusivo para socios). Mesas e utensilios para preparar os vosos calacús (cabazas). Rueirada polo pobo aberta a toda a veciñanza. Foliada na praza da Casa da Santa Compaña co tradicional conxuro da queimada. […]
O Rueiro de Ares e o Concello únense para celebrar o Magosto-Samaín cunha gran festa popular

O vindeiro 31 de outubro, a partir das 17:00 horas, Ares encherase de tradición e ambiente festivo co Magosto-Samaín, organizado pola asociación O Rueiro coa colaboración do Concello de Ares para gozar en comunidade. A tarde contará cun obradoiro de colares de zonchos (só para socios) e mesas con utensilios para que a veciñanza poida […]
A música e a memoria da emigración emocionaron na Alianza Aresana co espectáculo «Remelexo»

A Alianza Aresana acolleu unha noite moi especial da man do dúo Baraza, composto por Uxía e Alberte, quen cativaron ao público asistente coa súa proposta multidisciplinar «Remelexo». A través do son evocador do acordeón diatónico, a dozura da frauta, o vídeo e a narración oral, a peza debuxou a historia de Diniña, un emotivo […]
O Concello de Ares Impulsa a Reutilización e a Recollida Separada de Residuos Téxtiles co Apoio da Xunta de Galicia e da Unión Europea

O Concello de Ares recibe unha subvención de 8.000 euros para desenvolver actuacións destinadas a fomentar a reutilización téxtil, a sensibilización ambiental e a economía circular. Ares, outubro de 2026. O Concello de Ares continúa avanzando no seu compromiso coa protección do medio ambiente e coa mellora da xestión dos residuos municipais mediante o desenvolvemento […]
O Concello de Ares impulsa a compostaxe doméstica coa instalación de 50 novos composteiros

A actuación, subvencionada pola Xunta de Galicia e cofinanciada pola Unión Europea a través do programa Galicia FEDER 2021-2027, contribúe a mellorar a xestión dos biorresiduos e fomentar a economía circular no municipio. O Concello de Ares continúa avanzando no seu compromiso coa sustentabilidade ambiental e coa mellora da xestión dos residuos municipais mediante o […]
O Concello de Ares Reforza a Recollida Selectiva de Biorresiduos con Novas Accións de Formación e Sensibilización Ambiental

O Concello desenvolve unha campaña dirixida á hostalaría, aos grandes produtores de residuos, á comunidade educativa e á cidadanía para fomentar a correcta separación da materia orgánica e reducir o desperdicio alimentario. O Concello de Ares desenvolveu durante o ano 2026 o proxecto «Promoción e mellora do sistema de xestión de biorresiduos de competencia municipal […]
O Concello de Ares convoca o concurso de debuxo infantil «Compostar en Ares mola!»

O Concello de Ares pon en marcha un certame creativo dirixido ao alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Infantil do CPI As Mirandas que participe nos obradoiros de reciclaxe e compostaxe deste curso 2026-2027, co obxectivo de fomentar desde a infancia valores de coidado da contorna e reciclaxe responsable. Baixo o lema «Compostar […]
BASES DO CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL “Compostar en Ares mola!” Concello de Ares

1. Obxecto do concurso O Concello de Ares convoca un Concurso de Debuxo Infantil co obxectivo de fomentar entre a infancia hábitos responsables de reciclaxe e coidado do medio ambiente, promovendo os valores da campaña municipal sobre compostaxe doméstica. 2. Participantes Poderán participar nenas e nenos que asistan aos Obradoiros de reciclaxe e compostaxe no […]
O Concello de Ares informa de posibles cortes de tráfico no Camiño de Maciñeiras por obras de mellora viaria

Mentres continúan os traballos de aglomerado e acondicionamento, recoméndase circular con especial precaución nas zonas de saída ao centro educativo. Ares, 26 de outubro de 2026. O Concello de Ares pon en coñecemento da veciñanza que, con motivo do inicio dos traballos de aglomerado e acondicionamento no Camiño de Maciñeiras, poderán rexistrarse cortes puntuais ou […]