A maxia das historias encheu a Biblioteca Municipal de Ares polo Día das Bibliotecas

A Biblioteca Municipal de Ares celebrou o Día das Bibliotecas cunha programación especial na que a narración oral e a literatura foron as grandes protagonistas, achegando ao público infantil e familiar momentos cheos de imaxinación, sorrisos e agarimo polos libros. A primeira das citas tivo lugar co contacontos «O conto que fai clap», de Sonia […]
A mocidade de Ares aprende a coidar a contorna: «Mola que sepAres!»

O Concello de Ares, a través da Concellaría de Medio Ambiente, levou a cabo no CPI As Mirandas unha xornada divulgativa e lúdica sobre reciclaxe dirixida ao alumnado de educación infantil (de 3 a 5 anos), co obxectivo de espertar desde as idades máis temperás a conciencia ecolóxica e o respecto polo noso medio natural. […]
Puntos limpos móbiles instalados nas contornas de Redes e Cortiñas Gil (23.10.2026)

🔹 Os operarios do Concello veñen de instalar os puntos limpos móbiles nas contornas de📍 Redes e Cortiñas Gil para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. 🚮 Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente! ♻️ PUNTO LIMPO DE CORTIÑAS GIL Podes depositar: ✅ Pilas e baterías. […]
Samaín na Biblioteca 2026

Programación de medo na Biblioteca Municipal de Ares para gozar da lectura e do misterio. 28 de outubro, ás 19:30 h: «Unha biblioteca de medo» (de 3 a 6 anos). Custo: 3 €. 29 de outubro, ás 19:30 h: «Unha biblioteca de medo» (de 7 a 12 anos). Custo: 3 €. 2 de novembro, ás […]
A Biblioteca Municipal de Ares prepara unha programación de medo para celebrar o Samaín 2026

A Biblioteca organiza unha programación especial de Samaín dirixida á infancia e ás familias, con actividades que combinan lectura, misterio e diversión para achegar os máis novos ao mundo dos libros dun xeito lúdico e terrorificamente divertido. A programación arrancará o 21 de outubro cunha mesa especial de préstamo de libros de medo, unha selección […]
O Concello de Ares impulsa o emprego xuvenil coa contratación dunha persoa moza a través dunha subvención da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo Plus
O Concello de Ares resultou beneficiario dunha subvención por importe de 16.902,64 euros, concedida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, destinada á contratación dunha persoa moza inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Esta axuda, concedida ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 (procedemento TR350E), permite financiar […]
Samaín 2026 en Ares

O Concello de Ares organiza unha tarde chea de misterio, diversión e tradición para gozar en familia. Venres, 5 de novembro, ás 17:00 h Castañeira e castañas Túnel do terror Camas elásticas Música e animación Concurso de cabazas Obradoiros creativos Praza da Constitución (en caso de choiva, pista cuberta do CPI As Mirandas).
Ares celebrará o Samaín cunha tarde de actividades para toda a familia

O Concello de Ares organiza o vindeiro venres, 30 de outubro, unha nova edición da festa do Samaín, unha proposta que combinará misterio, diversión e tradición para que veciñanza e visitantes poidan gozar dunha tarde especial en familia. A celebración dará comezo ás 17:00 horas na praza da Constitución, cunha programación pensada especialmente para o […]
O Concello de Ares reforza o proxecto «Berce de Sereas – As Sereas das Mirandas» con novo equipamento deportivo financiado polo FEMPA
O Concello de Ares continúa impulsando o proxecto «Berce de Sereas – As Sereas das Mirandas», unha iniciativa de inclusión social e promoción do benestar físico e emocional dirixida a mulleres que padeceron cancro de mama, a través da práctica do remo adaptado e doutras actividades deportivas vinculadas ao territorio. No marco da anualidade 2026, […]
Unha cadea humana en solidariedade coa loita contra o cancro de mama

O vindeiro 25 de outubro, ás 13:00 h, a veciñanza de Ares volverá collerse das mans para formar unha cadea humana e conmemorar o Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama. A iniciativa, organizada pola Xunta Local da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) en Ares, coa colaboración do Concello, busca amosar o […]
O Concello de Ares organiza unha nova actividade gratuíta de tenis de mesa para adultos

O Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Deportes, pon en marcha unha nova actividade de tenis de mesa dirixida á poboación adulta, co obxectivo de fomentar a práctica deportiva, promover hábitos de vida saudables e ofrecer un espazo de lecer e convivencia arredor do deporte. As sesións celebraranse os días 23 e […]
A Deputación da Coruña, en colaboración co Concello de Ares e dentro do ciclo «Outono das Artes», presenta «Remelexo», o espectáculo multidisciplinar do dúo Baraza

Alberte (acordeón diatónico) e Uxía (frauta e voz) combinan música, vídeo e texto para contar a historia de Diniña, reflexo da emigración galega ao Brasil , unindo os sons tradicionais de ambas as dúas beiras do Atlántico Data e hora: 24 de outubro ás 20:00 h Lugar: Alianza Aresana Entrada: De balde ata completar aforo […]