A Biblioteca Municipal de Ares prepara unha programación de medo para celebrar o Samaín 2026

A Biblioteca organiza unha programación especial de Samaín dirixida á infancia e ás familias, con actividades que combinan lectura, misterio e diversión para achegar os máis novos ao mundo dos libros dun xeito lúdico e terrorificamente divertido. A programación arrancará o 21 de outubro cunha mesa especial de préstamo de libros de medo, unha selección […]
O Concello de Ares impulsa o emprego xuvenil coa contratación dunha persoa moza a través dunha subvención da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo Plus
O Concello de Ares resultou beneficiario dunha subvención por importe de 16.902,64 euros, concedida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, destinada á contratación dunha persoa moza inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Esta axuda, concedida ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026 (procedemento TR350E), permite financiar […]
Samaín 2026 en Ares

O Concello de Ares organiza unha tarde chea de misterio, diversión e tradición para gozar en familia. Venres, 6 de novembro, ás 17:00 h Castañeira e castañas Túnel do terror Camas elásticas Música e animación Concurso de cabazas Obradoiros creativos Praza da Constitución (en caso de choiva, pista cuberta do CPI As Mirandas).
Ares celebrará o Samaín cunha tarde de actividades para toda a familia

O Concello de Ares organiza o vindeiro venres, 30 de outubro, unha nova edición da festa do Samaín, unha proposta que combinará misterio, diversión e tradición para que veciñanza e visitantes poidan gozar dunha tarde especial en familia. A celebración dará comezo ás 17:00 horas na praza da Constitución, cunha programación pensada especialmente para o […]
O Concello de Ares reforza o proxecto «Berce de Sereas – As Sereas das Mirandas» con novo equipamento deportivo financiado polo FEMPA
O Concello de Ares continúa impulsando o proxecto «Berce de Sereas – As Sereas das Mirandas», unha iniciativa de inclusión social e promoción do benestar físico e emocional dirixida a mulleres que padeceron cancro de mama, a través da práctica do remo adaptado e doutras actividades deportivas vinculadas ao territorio. No marco da anualidade 2026, […]
Unha cadea humana en solidariedade coa loita contra o cancro de mama

O vindeiro 25 de outubro, ás 13:00 h, a veciñanza de Ares volverá collerse das mans para formar unha cadea humana e conmemorar o Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama. A iniciativa, organizada pola Xunta Local da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) en Ares, coa colaboración do Concello, busca amosar o […]
O Concello de Ares organiza unha nova actividade gratuíta de tenis de mesa para adultos

O Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Deportes, pon en marcha unha nova actividade de tenis de mesa dirixida á poboación adulta, co obxectivo de fomentar a práctica deportiva, promover hábitos de vida saudables e ofrecer un espazo de lecer e convivencia arredor do deporte. As sesións celebraranse os días 23 e […]
A Deputación da Coruña, en colaboración co Concello de Ares e dentro do ciclo «Outono das Artes», presenta «Remelexo», o espectáculo multidisciplinar do dúo Baraza

Alberte (acordeón diatónico) e Uxía (frauta e voz) combinan música, vídeo e texto para contar a historia de Diniña, reflexo da emigración galega ao Brasil , unindo os sons tradicionais de ambas as dúas beiras do Atlántico Data e hora: 24 de outubro ás 20:00 h Lugar: Alianza Aresana Entrada: De balde ata completar aforo […]
Ares conmemora o Día Mundial contra o Cancro de Mama

Xunto coa cadea humana que se celebrará este 25 de outubro ás 13:00 h, no paseo marítimo, o Concello vén de iluminar a fachada do consistorio para conmemorar o 19 de outubro, Día Mundial contra o Cancro de Mama, unha data para visibilizar esta doenza oncolóxica, concienciar á sociedade e reivindicar máis recursos na súa […]
X Torneo de Xadrez “Concello de Ares”

📅 25 de outubro 🕥 De 10:30 a 19:00 h 📍 Casino de Ares Torneo organizado polo Círculo Ferrolano de Ajedrez, en colaboración coa Escola Ferrolá de Xadrez e co patrocinio do Concello de Ares. Categorías: Sénior, Veteráns (+60), Sub 18, Sub 16, Sub 14, Sub 12 e Sub 10. Entrega de trofeos e sorteo […]
Visitas guiadas á batería da Bailadora

📅 Data: Venres, 23 de outubro de 2026 🕚 Horarios: 11:00 e 13:00 h 📍 Lugar: Batería da Bailadora, Ares O Concello de Ares colabora nas Xornadas Europeas do Patrimonio da Deputación da Coruña, que inclúen dúas visitas guiadas á batería da Bailadora para coñecer este espazo patrimonial. Actividade gratuíta con inscrición previa obrigatoria a […]
A batería da Bailadora abre as súas portas con dúas visitas guiadas polas Xornadas Europeas do Patrimonio

O Concello de Ares colabora nas Xornadas Europeas do Patrimonio da Deputación da Coruña, que inclúen no seu programa dúas visitas guiadas á batería da Bailadora, en Ares, para achegarse a este espazo patrimonial. Venres, 23 de outubro Primeira visita: 11:00 h Segunda visita: 13:00 h Todas as actividades do programa son gratuítas, pero é […]